•    A portavoz municipal, Olga Louzao, criticou esta mañá a pasividade do Goberno local ante un problema que está provocando numerosas queixas entre os veciños da zona norte. Ás rúas e beirarrúas sucias súmase ademais un déficit de contedores nos puntos de recollida de lixo que agrava o problema 

 

Lugo,  14 de febreiro de 2020.  A portavoz municipal, Olga Louzao, lamentou esta mañá o abandono ao que somete o Goberno local aos barrio da Milagrosa e a Piringalla que sofre en moitas das súas rúas unha limpeza viaria insuficiente e un servizo de recollida de lixo que presenta numerosas anomalías. «Estamos recibindo queixas de forma sistemática ao longo dos últimos meses por este asunto. Existe un descontento xeneralizado que se fai máis evidente en determinadas rúas do barrio. A limpeza viaria na Milagrosa é deficiente e os puntos de recollida de lixo sofren un déficit de contedores que provoca que a determinadas horas o lixo acumúlese nas beirarrúas. Situación que contribúe a que os desperdicios se lisquen polas rúas», sinalou Louzao.

«Trátase dun círculo vicioso. A falta de contedores fai que o lixo ensucie aínda máis as rúas e beirarrúas. Detectamos que a limpeza é especialmente deficiente nas rúas Illas Cíes e Río Narla e así nolo corroboraron os veciños», sinalou a concelleira da formación laranxa. A periocidade da limpeza viaria está fixada cada 20 días e é, de xeito evidente, insuficiente. Instamos ao Goberno local a que tome medias para arranxar esta situación. O problema de limpeza viaria e recollida de lixo contribúe a que o aspecto da zona norte da cidade estea aínda máis degradado. Así mesmo Louzao responsabilizou ao executivo dirixido por Lara Méndez de descoidar o control sobre a empresa concesionaria e non realizar de forma regular o seu labor de supervisión.

Problemas na Piringalla e na avenida da Coruña

Ademais de na Milagrosa, existen problemas noutros barrios da zona norte. Na Piringalla existen varios focos problemáticos. Especialmente preocupante é o parque Bispo Xosé Gómez, nas inmediacións de Angelo Colocci e Santo Grial. «Neste parque as papeleiras están desbordadas e as bolsas con excrementos de animais de compañía acumúlanse durante días no céspede da zona verde. Hai vidros rotos sen recoller e ata botellas enteiras, o que supón un perigo para os menores que xogan pola zona», proseguiu a portavoz da formación laranxa. «Exemplos como este, que constatan un servizo deficiente, hai varios. Na avenida da Coruña existe un problema xeneralizado cos puntos de recollida de lixo. No tramo final existe un déficit de contedores e os veciños ademais quéixanse de que teñen dificultade para reciclar vidro e papel. Esiximos unha solución inmediata», concluíu a portavoz.