•   A voceira municipal, Olga Louzao, criticou con dureza a inoperancia do Goberno local que está a someter ao Concello a un bloqueo total en materia urbanística, o que repercute en problemas de feísmo salubridade e seguridade espallados por toda a cidade

 

Lugo,  7 de febreiro de 2020.  A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, denunciou esta mañá que as ordes de execución e ruínas do Concello de Lugo atópanse bloqueadas desde o ano 2017. «O Concello de Lugo está totalmente paralizado desde fai tres anos nun dos aspectos que máis inflúen no desenvolvemento urbanístico da nosa cidade e que afecta directamente á capacidade de rexeneración dos barrios da nosa urbe pola inoperancia do Goberno local. Só tramítanse os moi urxentes. É unha demostración máis da incapacidade de Lara Méndez e o seu equipo para xestionar o noso municipio», sinalou a portavoz da formación laranxa.

«Este bloqueo na execución das derribas ten como consecuencia inmediata a presenza de inmobles ruinosos salpicados por toda a cidade. O que xera inconvenientes de diversa índole como problemas de salubridade, risco de seguridade e confire ademais unha imaxe decadente a diversas zonas do noso casco urbano. Instamos ao Goberno local a actuar de inmediato», apuntou Louzao quen anunciou que o seu grupo municipal elevará esta petición formalmente para saber cantos expedientes están pendentes e que fará o Goberno bipartito para desbloquear a situación e recuperar o tempo perdido.

«Á inoperancia demostrada na incomprensible paralización dos expedientes de derriba súmase a deixaded de funcións á hora de executar a limpeza dos solares, á falta dunha ordenanza que regule a instalación de publicidade exterior e permita a instalación de pantallas para evitar o feísmo en espazos urbanos degradados e á falta de iniciativa política para desenvolver a longa lista de espazos sen urbanizar dentro da nosa cidade. Todo iso ten como consecuencia unha cidade degradada, esteticamente deficiente e que acumula problemas de salubridade, seguridade e mobilidade por todas as partes», sinalou a portavoz, quen recordou que Cs Lugo leva anos reclamando que se actúe nesta materia.

Louzao criticou a actitude dos concelleiros socialistas que lonxe de asumir os retos pendentes descargan a culpa nos seus predecesores. «É inadmisible que os responsables políticos de áreas como Urbanismo ou Medioambiente lávense as mans e descarguen responsabilidades nos seus predecesores cando este Goberno leva máis de medio ano desempeñando a súa función sen que nada cambie. Os problemas na cidade acumúlanse de forma alarmante sen que sexan capaces de facer nada por revertir a situación. Non lexislan, non xestionan e non asumen responsabilidades. É un goberno mergullado nunha crise continua cuxa última responsable é Lara Méndez», concluíu a edila de Cs.