A portavoz municipal, Olga Louzao, instou ao Goberno local a actuar de forma urxente nesta vía cun firme deficiente no seu último terzo, carente de beirarrúas e sinalización horizontal, problemas de seguridade viaria e un alumado deficiente
Lugo, 7 de xaneiro de 2020. A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a actuar con urxencia no Carril das Hortas. Esta vía presenta un estado deplorable no seu último terzo do trazado, o que comunica coa avenida dás Fontiñas. «É inadmisible que o Goberno local continúe sen tomar medias no Carril das Hortas medio ano despois de que comezase este mandato do bipartito. Trátase dunha rúa totalmente abandoada que presenta serios problemas de seguridade viaria e onde a falta de ordenación dos espazos para aparcamento dificulta o tránsito de vehículos e pon en risco a seguridade dos peóns», asegurou a edil da formación laranxa.
O Carril das Hortas é unha rúa cun elevado tránsito de vehículos xa que dá acceso ao centro da cidade desde a avenida das Fontiñas, a estrada de Fonsagrada ou Rato. Aquí concéntrase un gran número de vehículos procedentes destas vías ou de equipamentos como o Hula. Ademais moitos condutores recorren ás beiravías desta rúa para aparcar buscando solucións ao déficit crónico de aparcamento que sofre a zona da avenida das Fontiñas. «É inadmisible que unha vía con estas características presente tal nivel de abandono. Non podemos entender como aínda unha parte do trazado carece de beirarrúas e como non se tomaron medidas para ordenar os espazos para aparcamento», sinalou Louzao.
Aos problemas de circulatorios e de seguridade viaria únese a falta de mantemento. «Existe un gran número de focachas por mor da falta de mantemento e o asfalto está realmente mal. Ademais a iluminación é insuficiente o que engade un punto máis de perigosidade para os peóns nas horas con ausencia de luz solar», sinalou a concelleira.
Cruzamento perigoso coa rúa Primavera
Ademais Cs Lugo alertou do risco engadido que supón o estado de abandono que presenta a intersección coa rúa Primavera onde a falta de visibilidade dificulta a incorporación dos vehículos e supón un perigo para a circulación. «Neste punto especialmente o firme atópase moi deteriorado debido á alta porcentaxe do desnivel e á falta de mantemento», afirmou Louzao. «Instamos ao Goberno local a que proxecte unha reforma integral deste tramo da vía coa máxima urxencia. Trátase dunha rúa cun valor estratéxico incuestionable na que se debe actuar con urxencia. Existen máis rúas na contorna da avenida das Fontiñas que presentan un estado similar ao de Carril das Horas, pero probablemente esta sexa a máis transitada», concluíu.