•   O concelleiro Juan Vidal afirmou esta mañá que Lugo ten un servizo de recollida de lixo mal deseñado como consecuencia do desinterese mostrado durante anos polo Partido socialista por licitar un novo contrato 

 

Lugo, 19 de decembro de 2019. O concelleiro de Cs Lugo Juan Vidal instou esta mañá ao Goberno local a sacar urxentemente a contratación o servizo de recollida de lixo caducado desde o 31 de marzo de 2017 e que desde entón funciona en precario. «O servizo de recollida de lixo non se adapta á realidade do noso municipio en pleno século XXI. Trátase dun servizo adaptado á realidade de 1996, cando se rubricou o contrato con Urbaser. O Concello debe actuar coa máxima urxencia neste tema. De non ser así os problemas no servizo sucederanse un tras outro e sufrirémolos todos os lucenses», apuntou o edil da formación laranxa.

«Trátase do contrato de maior importe de todos cantos ten o Concello, supoñen un custo para as arcas públicas de 7,2 millóns de euros anuais. Non podemos continuar cun servizo caducado desde fai máis de dous anos e medio», sinalou Vidal. «A crise sobre a xestión do vidro que viviu a cidade ao longo das últimas semanas é a manifestación máis evidente de que o servizo de recollida de lixo en Lugo é un auténtico despropósito. Contar cun contrato caducado desde fai anos é unha das principais causas. O desinterese mostrado nos últimos anos polo partido socialista sobre este asunto trae como consecuencia que teñamos un servizo mal dimensioado», proseguiu.

Deste xeito Lugo padece a falta de puntos de recollida de lixo e a falta de contedores nos puntos existentes. Ademais o Goberno local mostra un desinterese total polo reciclaxe. A presenza de contedores de recollida de pilas e de aceite no noso municipio é prácticamente inexistente. Pasa o mesmo cos contedores de roupa. Non se preocupan en absoluto pola innovación e o traballo en defensa do nos medio, levamos tempo reclamando o quinto contedor, o contedor marrón destinado aos residuos orgánicos para compostaxe. «Álvaro Santos recibiu unha herdanza envelenada que non está sabendo xestionar. É necesario contar cun novo contrato urxentemente para que se recollan estes aspectos e así mellorar a calidade do servizo que a día de hoxe é deficiente», concluíu.