•   portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, insta a Lara Méndez a que execute os acordos plenarios e a que aclare que pasos deu o seu Goberno para cumprir a providencia dictada pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG na que se require a ejecución da derriba

 

Lugo, 17 de decembro de 2019. A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, criticou esta mañá con dureza a deixadez de funcións do executivo local en relación ao asunto Garañón. «É inadmisible a falta de vontade política demostrada por parte da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, en relación a este problema. Non só non  desoíu sistemáticamente o mandato da sentenza e o posterior requerimiento para a ejecución da derriba, senón que non deu un só paso para aportar solucións urbanísticas para esta zona», asegurou a portavoz da formación laranxa, quen recordou que a derriba das torres do Garañón é un dos principais problemas aos que se enfronta a cidade no seu futuro inmediato pola súa transcendencia urbanística e o seu impacto nas arcas municipais.

O 22 de xaneiro de 2018 a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG dictou unha providencia na que se require á alcaldesa a ejecución da derriba para cumprir a sentenza firme número 100/2017 do 2 de marzo de 2017. «Case dous anos despois desta providencia o Goberno local continúa sen facer nada. Nin sequera temos constancia de que exista un estudo técnico sobre os custos que supoñerá executar a derriba e indemnizar aos propietarios. Méndez está alargando este calvario de forma intencionada para tratar de esconder as vergonzas da xestión socialista en Lugo», asegurou a edil.

Ademais Louzao recordou que na sesión plenaria do 26 de outubro de 2017 acordouse proceder á formulación do proxecto de modificación do PXOM. Posteriormente no pleno de 28 de novembro de 2018 acordouse iniciar por parte do Concello de Lugo, con medios propios, un estudo de alternativas para a tramitación da modificación puntual da unidade de actuación CS-5, na que como criterios prioritarios eran xerar o menor impacto económico ás arcas municipais, a conversión en zona verde da maior superficie posible e promover o menor impacto visual da edificabilidade resultante no caso de que exista algunha. «O Goberno de Méndez tampouco fixo nada para aportar unha solución urbanística a este espazo. A alcaldesa foi incapaz de afrontar este problema nunha demostración clara de incompetencia. Lugo non pode continuar así, o Goberno debe actuar. De non ser así o Garañón continuará en pé 10 anos máis e esta zona seguirá sen contar cunha solución urbanística», concluíu.

Para rematar Louzao criticou tamén o papel que está desempeñando o BNG dentro do goberno bipartito. «Están sendo cómplices da inacción socialista. Desempeñan un papel de apoio plegándose por completo á vontade de Méndez. Estamos vendo a un BNG moi distinto ao que tiñamos na oposición», destacou a portavoz.