•   O concelleiro de Cs Juan Vidal denuncia carencias na nova Relación de Postos de Traballo, pon en cuestión o incremento de gasto en persoal que pode afectar á estabilidade presupuestaria a longo prazo e critica a falta de previsión mostrada polo Goberno local

 

Lugo, 10 de decembro de 2019. A O concelleiro do grupo municipal de Cs Juan Vidal solicitou esta mañá ao Goberno local que aclare o papel que xogará a figura de libre designación para as xefaturas de servizo na nova Relación de Postos de Traballo. «Cal é o motivo de que existan postos de libre designación que antes non existían? Sabemos que na negociación da RPT solicitouse por parte dos sindicatos a súa redución ou supresión e o Goberno local fixo caso omiso desta proposta», asegurou o edil da formación laranxa. «Ademais chámanos poderosamente a atención que se suprima a apertura das xefaturas de servizo a habilitados nacionais. Debemos entender que esta apertura non se soportaba xurídicamente?»,  proseguiu o edil.

Ademais Vidal insistiu en que a nova RPT supón unha subida preocupante no capítulo 1 de gasto en persoal dos Orzamentos municipais. «Debémonos preguntar si este incremento supón un incumplimiento da Lei de Estabilidade Presupuestaria. Este aspecto debe ser aclarado e ben aclarado polos técnicos municipais, xa que pode que non se incumpla dita lei a curto prazo pero corremos o risco de que poida supoñer un problema no futuro. Esta RPT non pode e non debe ser unha hipoteca para Lugo», sentenciou Vidal, quen ademais anunciou que solicitará ao Goberno local que organice unha mesa de traballo para valorar as alegaciones que se presenten a esta RPT.

Doutra banda, o edil da formación laranxa destacou unha serie de deficiencias detectadas que se suman ás xa denunciadas por Cs o venres 29 de novembro. «Esta RPT segue sen solucionar moitos dos problemas que arrastra o Concello de Lugo en materia de persoal debido a unha xestión deficiente sostida ao longo da última década polo PSOE», dixo. Cs Lugo considera que á alarmante falta de previsión de persoal en servicos como o de Augas ou o de Licenzas, completamente saturados, súmase outras carencias preocupantes. «Entendemos que aqueles casos nos que os traballadores levan a cabo o seu labor en xornada partida como celadores de deportes, traballadores de familia ou ordenanzas de servizos sociais, deben ser estudados para non crear unha discriminación con outros traballadores respecto de a puntuación da incompatibilidad» asegurou.

Outro dos problemas que non soluciona esta RPT é o papel docente que levan a cabo os músicos da Banda na escola Municipal de Música. «Non entendemos como músicos que van levar a cabo un labor docente poden ter unha categoría C2, existe unha responsabilidade ineludible sobre alumnos e alumnas menores de idade que entendemos debe ser correctamente retribuida. Ademais non entendemos a falta de previsión do Goberno local. Por que non se crea o posto de subdirector da Banda municipal de Música?», preguntou o edil.

Para rematar Vidal enumerou outra serie de deficiencias que traerán problemas nun futuro inmediato unha vez aprobada a RPT. Existen agravios comparativos entre traballadores municipais. Para mostra disto o caso dos conserxes de edificios municipais e os ordenanzas de Servizos Sociais, con distintas puntuaciones e polo tanto distintas retribuciones. «Aspectos como estes, que esperamos ter a oportunidade de tratar co Goberno local na mesa de traballo, evidencian que a RPT presenta muchísimas lagoas, xera descontento e é un documento ineficaz  para a xestión do futuro do Concello», concluíu Vidal.