•   A voceira municipal, Olga Louzao, cualificou este servizo como «totalmente ineficaz», criticou a falta de previsión do Goberno local ao ignorar as necesidades dos usuarios das Lineas 9 e 9A do bus urbano que conecta a urbe co polígono industrial con maior número de traballadores e traballadoras no municipio 

 

Lugo, 9 de decembro de 2019. A voceira municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, esixiu esta mañá ao grupo de goberno que adiante a saída matinal das liñas de bus urbano que comunican a cidade co polígono industrial do Ceao para que este servizo sexa útil para os centos de usuarios que traballan no polígono. «Actualmente a primeira saída da liña 9 e 9A está prevista para as 8.15 horas desde San Roque. Sen dúbida un horario que non se adapta en absoluto ás necesidades do tecido produtivo. Desde Ciudadanos esiximos que o Goberno local tome as medidas necesarias para que os traballadores que se desprazan ao poligono cada mañá poidan chegar a tempo ao seu posto de traballo en transporte público», aseguro a edil da formación laranxa.

«A falta de previsión e o desinterese mostrado por este Goberno local en materia de transporte público lévanos á delirante situación de que o primeiro bus urbano chegue ao principal polígono industrial do municipio preto das 9 horas cando sería necesario que, como moi tarde, o primeiro servizo chegase a termino ás 7.30 horas para cubrir as necesidades dos traballadores. Esiximos unha actuación urxente», declarou Louzao, quen ademais incidió na deficiente conexión da cidade con este polígono co das Gándaras. «Só a liña 9 e a súa variante 9A comunica a cidade co polígono do Ceao de forma directa. Ambas parten de San Roque e praza do Rei. Consideramos que é necesario que existan liñas que comuniquen outros puntos da cidade co polígono industrial de forma directa. Parécenos inadmisible a actitude do Goberno local, quen non está facendo unha aposta contundente polo transporte público», proseguiu.

Cs Lugo considera que na actualidade barrios como o da Residencia, A Ponte  ou O Carme, entre outros, están totalmente desconectados dos polígonos industriais. «Os lucenses non podemos esperar a que o Goberno local conclúa a súa proposta de novos itinerarios de transporte público. A conexión da cidade co polígono do Ceao leva anos sendo lamentable. Moitos veciños teñen dificultades para acceder ao seu posto de traballo en transporte público. Débense tomar medidas de forma urxente. Debemos cubrir as necesidades cidadás e camiñar cara a unha cidade máis sostible apostando claramente polo transporte público», concluíu a portavoz municipal.