•   O concelleiro Juan Vidal criticou a inacción do Goberno local ante as deficiencias que presenta o alumado público nas zonas rurais do municipio. Parroquias como Coeses, Teixeiro, Tirimol, Calde ou Rubiás son algunhas das máis afectadas

 

Lugo, 6 de decembro de 2019.  O concelleiro de Cidadáns Lugo Juan Vidal criticou esta mañá con dureza a inacción do Goberno local ante o manifesto problema que supón a «longa lista de deficiencias» que presenta o sistema de alumado público nas zonas rurais do municipio. «Na maioría das 54 parroquias existen carencias. O alumado público é moi precario nas zonas rurais e periurbanas de Lugo. Isto supón unha discriminación dos veciños destes núcleos respecto de os veciños da zona urbana. Chegamos a esta situación por unha falta de preocupación total por parte do Goberno local sobre este asunto. O Concello necesita dar unha resposta inmediata a este problema», asegurou.

Cs Lugo propón crear un Plan de actuación integral para revertir a actual situación. «Propoñemos, en primeiro lugar, que o Concello elabore un listado con todas as deficiencias por parroquia e que a partir deste documento redáctese un plan director para ir executando as melloras de xeito regular e programado. Só deste xeito os veciños terán a certeza de que se vai a acondicionar a súa zona e de cando e como se vai a mellorar o alumado público no seu núcleo. Pola contra só acordaranse do rural nas eleccións, como sucede sempre.», manifestou o edil da formación laranxa.

As deficiencias céntranse principalmente en catro aspectos fundamentais: poucos puntos de luz, iluminación escasa, pouca eficiencia energética e cableado aéreo deficiente. «O número de puntos de luz é insuficiente na gran maioría das parroquias. Un claro exemplo diso son os nucleos rurales de Coeses, Teixeiro, Tirimol, Calde ou Rubiás, onde as deficiencias son moi obvias, pero existen moito lugaress máis. Isto supón un problema para a seguridade viaria e un potencial problema para a seguridade cidadá. Ademais trátase dun alumado, na maioría dos casos, obsoleto. O cableado é aéreo en vez de estar soterrado como indica a normativa e o tipo de luminarias utilizadas son moi pouco eficientes desde o punto de vista do consumo enerxético. O que supón contaminación e un gasto innecesario», indicou o concelleiro.

«Existen zonas do municipio totalmente marxinadas por este Goberno e sen dúbida as parroquias e a zona periurbana son unha mostra deste abandono. Hai unha ausencia total de investimentos para zonas como estas, que, de novo, volven ser esquecidas polo Goberno bipartito nos orzamentos do ano próximo. Trátase dun problema que non se pode seguir pospoñendo no tempo.», concluíu Vidal.