•  A portavoz municipal, Olga Louzao, criticou o estado desta vía que presenta un firme deficiente, un trazado irregular, carece de  beirarrúas e sofre unha ausencia total de alumado público desde o hospital Polusa ata o centro deportivo Forus

 

Lugo, 4 de decembro de 2019.  A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a que execute de xeito urxente unha actuación integral na rúa Doutor Igrexas Otero, no barrio da Ponte. «Esta rúa, actualmente moi transitada, atópase nun estado deplorable. Presenta un firme deficiente, un trazado irregular, carecen de beirarrúas e os peóns sofren unha ausencia total de alumado público desde o hospital Polusa ata o centro deportivo Forus. Existe un risco real de seguridade vial», sinalou a edil da formación laranxa.

Cs Lugo considera que o Concello debe actuar de inmediato, xa que o abandono desta vía é total desde fai anos malia que se trata dunha rúa moi transitada pola presenza do centro sanitario Polusa e o centro deportivo Forus, ambos moi concorridos. «A partir das sete da tarde concéntrase un gran número de vehículos pola afluencia aos equipamentos lozalizados nesta zona. Hai vehículos que estacionan na cuneta e dificultan o tránsito dos peóns que teñen que camiñar pola calzada. Ademais o risco multiplícase debido a que no tramo desde Polusa ata o centro deportivo non existe alumado público», engadiu.

«Non podemos entender como o Concello abandona deste xeito unha rúa cunha importancia estratéxica como esta. Non é a única que presenta deficiencias desde o punto de vista da seguridade vial no barrio da Ponte. Existen moitas máis, pero esta presenta un volume de tráfico innegable e por iso é urxente e necesario tomar medidas xa», apuntou a portavoz de Cs Lugo. Ademais Louzao considera que é necesario dotar a esta zona de beirarrúas ou camiños para peóns xa que carcen dun itinerario definido e é necesario reducir o risco e garantir a seguridade dos transeúntes. Do mesmo xeito é urxente instalar sinalziación horizontal para completar a mellora e delimitar as zonas de aparcadoiro.

«Existen zonas da cidade totalmente marxinadas por este Goberno, e o barrio da Ponte é unha clara mostra deste abandono. Os lucenses padecemos unha ausencia total de investimentos para zonas como esta, e en xeral para todas as zonas periurbanas do municipio que, de novo, voltan ser esquecidas polo Goberno bipartito nos orzamentos para o próximo exercicio. A rúa Doutor Igrexas Otero é un exemplo moi evidente», concluíu.