•   O concelleiro de Cs Lugo Juan Vidal asegurou que o documento presentado non aporta solucións ao déficit estructural de concello. Non se contempla a municipalicación de ningún servizo e presenta deficiencias nos departamentos que levan a cabo o seu labor en condicións de maior precariedade, como Licenzas ou Augas

 

Lugo, 29 de noviembre de 2019. O concelleiro de Cs Lugo Juan Vidal analizou esta mañá o borrador da nova Relación de Postos de Traballo presentada polo Grupo de Goberno. Vidal mostrou a súa satisfacción pola chegada dun «esperadísimo» documento, que sen embargo chega «tarde, mal e a rastro». Ademais o edil da formación laranxa lamentou a pouca ambición mostrada polo goberno e asegurou que a nova RPT dificilmente poderá solucionar a lamentable xestión levada a cabo en materia de persoal polo PSOE no Concello de Lugo ao longo dos últimos anos. «É unha proposta necesaria, pero non é a mellor proposta posible», dixo. Mostra diso, é a ausencia dun Plan de Emprego efectivo que permita aos traballadores subir de categoria.

«Estamos decepcionados. Non deseña unha estructura que adapte o organigrama do Concello ás necesidades actuais e carece de visión de futuro. Trátase dun documento que pretende satisfacer ás partes negociadoras pero que se esquece de asumir os retos do Concello de Lugo. Está deseñada para tapar os erros do pasado pero non aporta solucións ao déficit estructral do Concello», sinalou Vidal.

Neste sentido, Vidal puxo o foco en servizos como o de Licenzas, un dos que máis demora e atrasos acumula, con esperas que superan o ano e medio de media, e que pasa só das 9 prazas actuais a 10. «Será dificil desconxestionar este servizo coa actual proposta», aseguro Vidal. O mesmos sucede con outros servizos estratéxicos como son os de Facenda Local e Inspección Tributaria que na nova proposta presentan un inexplicable recorte de persoal.  Este último pasa de 5 a 3 traballadores respecto de enteriroes propostas.

Outro dos servicos municipais que en maior precariedad leva á cabo o seu labor, malia a negativa do Goberno, é o Servizo Municipal de Augas, cuxos problemas levan tempo repercutindo sobre a calidade do servizo que se presta aos veciños. Malia os informes remitidos desde esta área aos responsabels políticos enumerando as súas carencias en persoal o Goberno local non aumenta nin un só posto a maiores para este departamento dos xa existentes. Existe unha reorganización do servizo que se fusiona con parte da brigada de Medio Ambiente pero non máis traballadores. «É unha mostra máis de que será unha RPT ineficaz», dixo.

Outro dos aspectos máis cuestionables da nova proposta afecta aos traballadores da Banda Municipal de Música e o seu labor docente prevista no contexto da Escola de Música, un servizo que conta cunha gran demanda social. «Non entendemos como músicos que van levar a cabo un labor docente poden estar cunha categoria C2 e que ademais non se prevexa ningún Plan de Emprego para lograr unha subida de categoría. «Este aspecto presenta muchísimas lagoas, xera descontento e evidecnia as carencias da proposta do grupo de Goberno», concluíu Vidal.