María Vilas: “Dende Cs Compostela seguimos agradecendo ás asociacións de veciños que nos abran as súas portas e confíen en nós para poñer voz aos seus problemas”

Santiago de Compostela, venres 8 de xuño de 2018. Representantes da xunta directiva de Cidadáns en Santiago de Compostela reuníronse coa asociación de veciños  As Fontes para escoitar de primeira man a problemática do barrio.

Luís  Meijide, presidente da asociación, transmitiu aos compoñentes políticos as principais reclamacións dos veciños. Entre elas destacou o mal estado e deterioración que presentan algúns dos muros da Rúa París, que levan tempo apontoados e con risco de derrube supoñendo un perigo para os viandantes. Tamén quixo sinalar o importante abandono do barrio e a crecente inseguridade que presentan algunhas rúas onde os veciños sospeitan que hai venda ilegal de drogas e onde polas noites os vehículos circulan a alta velocidade sen respectar os límites establecidos.

Dende a asociación de veciños transmitíronnos a súa preocupación polo abandono xeral que presenta o barrio de Fontiñas. Dende o noso partido solicitamos ao  Concello que tome unha posición activa para solucionar os seus principais problemas e interveña na rehabilitación do mesmo así como tamén solicitamos que se abra ao público instalacións pechadas como son o edificio destinado á Ludoteca” Comentou María Vilas, coordinadora da agrupación laranxa en Compostela.

Dende  Cs Compostela seguimos agradecendo ás asociacións de veciños que nos abren as súas portas e confían en nós para poñer voz aos seus problemas” Concluíu a coordinadora de Cs en compostela.