•     A nova xunta directiva local están formada ademáis por José Manuel Vázquez Morán como secretario, José Antonio Álvarez Flores como responsable de loxística, María Victoria García Vázquez como responsable de redes sociais e Jesús Expósito López como responsable de política municipal

 

Lugo, 13 de setembro de 2017. O avogado lucense Juan Manuel Vidal-Pardo García será o novo coordinador da agrupación local de Ciudadáns en Lugo tras ser ratificado pola Asamblea de afiliados así como os nomeamentos da nova xunta directiva local.  

A esta asamblea asistiu a voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, recentemente nomeada portavoz de Cidadáns en Galiciae o responsable de organización do partido en Galicia, Laureano Bermejo Ansia. 

 

Xunto a Juan Vidal-Pardo, forman tamén a nova xunta directiva en Lugo José Manuel Vázquez Morán como secretario, José Antonio Álvarez Flores como responsable de loxística, María Victoria García Vázquez como responsable de redes sociais e o concelleiro Jesús Expósito López como enlace municipal.

O novo coordinador da agrupación de Lugo, Juan Vidal-Pardo, asume “con ilusión” o cargo facendo un chamamento a todos aqueles lugueses que comparten as ideas que defende Cidadáns para que se sumen ao proxecto e participen no crecemento do partido na cidade de Lugo.

 

Cidadáns, que conta con dous representantes no Concello de Lugo, traballa xa coa vista posta nas vindeiras eleccións municipais. O traballo da xunta directiva nos vindeiros meses centrarase en consolidar a agrupación e ampliar a afiliación na cidade de Lugo, ao mesmo tempo que o partido inicia o proceso de consolidación e implantación a nivel galego.

 

Tanto a portavoz autonómica, Olga Louzao, como o responsable de organización en Galicia, Laureano Bermejo coincidían en destacar que “Cidadáns creará novas agrupacións en distintas localidades de Galicia, onde perciben “un interese cada vez maior por parte de moitos cidadáns  polo proxecto que representa Cidadáns”.