Santiago, 24 de abril de 2017. A Agrupación de Cidadáns (Cs) en Santiago de Compostela organizou na tarde do pasado venres unha carpa informativa na Praza Roxa co obxectivo de escoitar e  recoller  as principais necesidades e preocupacións dos veciños.

De entre todas as demandas recibidas destacan as queixas sobre o mal estado de conservación das rúas de Compostela, a falta de aparcadoiro ou  os problemas de convivencia cidadá que nos últimos meses viñéronse producindo na contorna dalgúns locais de lecer nocturno da cidade.

“Estamos moi satisfeitos coa boa acollida que nos deu a xente. Achegáronse a pedir información sobre a nosa Agrupación  e tamén a transmitirnos as súas necesidades” comentou María Vilas, Coordinadora de Cidadáns (Cs) en Santiago.

“Moitos veciños queixáronsenos polas fochancas ou os accesos ao Hospital Clínico. En concreto un condutor de ambulancias explicábanos os problemas de traslado dos enfermos debido ao mal estado do asfaltado  e aos complexos accesos á área de urxencias” explica María Vilas. “Desde Cidadáns (Cs) pedimos que se busque unha solución canto antes a este tema ante a inmediatez que este tipo de situacións poden requirir”.

Pero non só foron queixas o que recolleron os membros de Cidadáns (Cs) na súa carpa. Tamén recibiron o agradecemento dalgúns veciños polo labor que veu realizando a Agrupación da formación laranxa en Compostela durante os últimos meses. “Algún veciño achegouse a darnos as grazas pola nosa intervención para solucionar os problemas na contorna do bar Stilo,  onde as nosas reclamacións de maior incremento de vixilancia tanto ao Concello como á Delegación do Goberno empezaron a dar os seus froito”, manifesta a Coordinadora  de Cs.

“Nós non temos a oportunidade que ten o equipo de goberno, que por certo ignóranos permanentemente, pero si  temos ganas, ilusión e unha idea clara do necesario para que Santiago recupere o liderado que lle corresponde e por iso estamos a pé de rúa cos nosos vecinos”, finaliza María Vilas.