Ferrol, xoves 3 de novembro de 2016. A portavoz de Cidadáns (C’s) Ana Rodríguez Masafret membro do xurado do concurso de anteproxectos para a remodelación da Praza de Armas non participou nin participará na votación dos proxectos para dita remodelación, xa que se mostra en firme desacordo a que se plantexe a Praza de Armas sen parking subterráneo.
Ana Rodríguez Masafret se mantén firme e coherente coa moción presentada e aprobada no pleno de abril, onde advirte que unha reforma da Praza de Armas sen parking ten unhas consecuencias nefastas para o futuro da cidade.
Cidadáns(C’s) apoia a as AAVV de A Magdalena e Centro, Asociación de Vendedores do Mercado Central, Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios, AMPAs de Cristo Rey y Tirso de Molina, Asociación de Hostelería, Centro Comercial Aberto A Magdalena que convocaron a asamblea aberta do pasado 26 de octubre. A peonalización tal e como está sendo plantexada por este goberno municipal conleva la paralización económica e social do centro histórico da nosa cidade por falta de aparcamento gratuito, de transporte público e de revitalización previa do barrio.
A portavoz de Ciudadáns (C’s) pide que non se volvan a repetir os erros cometidos na Praza de España. É necesario un proxecto serio, responsable e de continuidade, consensuado coas partes implicadas aos que lles afecta esta reforma.