O grupo municipal agradece a lectura do seu Manifesto con motivo do Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia, Bifobia e Interfobia

Pontevedra, 30 de maio de 2016. A moción da agrupación municipal de Cidadáns en Pontevedra reclamando que se incoe un expediente para que nomear fillo predilecto da cidade a Sabino Torres, contou co apoio de toda a corporación municipal. Desta forma, iniciaranse os trámites necesarios para outorgarlle ao poeta recentemente falecido esta distinción.

Tamén a iniciativa de Cidadáns leuse un Manifesto con motivo do Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia, Bifobia e Interfobia que se conmemorou o pasado 17 de maio. No documento, aprobado por toda a corporación, facíase fincapé en que “aínda estamos lonxe de conseguir a igualdade real para as persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales (LGTBI)” e animábase a “impulsar medidas que garantan que os centros educativos sexan espazos seguros para a diversidade sexual”, ademais de reclamar “o fin da penalización da homosexualidade, a transexualidad e a bisexualidad en todo o mundo”.

O grupo municipal tamén solicitou a modo de rogo que se incrementase a presenza e visibilidade das patrullas de policía de proximidade no centro urbano, cuestión que foi desviada polo alcalde que indicou que “o grupo de goberno vai por outro camiño”. A este respecto, a concelleira María Rey indicou que “Cidadáns non vai desistir no seu empeño de lograr que a policía local patrulle a pé nun horario acorde ás necesidades da cidadanía polo centro urbano”.

María Rey mostrouse sorprendida por un pleno no que houbo numerosas faltas de respecto. Concretamente, indicou que “todos debemos ser conscientes de onde estamos. Estamos no pleno de Pontevedra, representando ás veciñas e veciños e creo que o mínimo que temos que ter é respecto uns por outros”.