Javier López defenderá no próximo pleno unha moción para garantir este servizo ao 30% de amienses que residen neste contorno
Ames, martes, 26 de abril de 2016- O voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, defenderá no próximo pleno municipal previsto para este xoves, 28 de abril, unha moción na que solicitará que se dote de novas tecnoloxías, en especial de Internet, de xeito universal a todo o rural de Ames.
Para iso, Cidadáns Ames reclama “que se realice un diagnóstico real e exacto da conectividade ás novas tecnoloxías nas 11 parroquias do Concello, para logo instar a Xunta de Galicia, e concretamente á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a que coa maior celeridade posible, despregue as redes ultrarrápidas, ou de banda ancha, a fin de que dispoñan deste servizo o 100% de los núcleos poboacionais de Ames”.
Cidadáns Ames amosa o seu convencemento de que actuacións coma ésta contribuirán a paliar o abandono que está a sufrir o rural de Ames, “onde se ten constatado a diminución de poboación en seis das nosas parroquias”, asegura Javier López.
En Ames, ao redor do 30% da poboación reside na actualidade nos diferentes núcleos rurais do Concello e segundo apuntou o voceiro de Cidadáns Ames, “é considerable o número de queixas que recibimos, por exemplo, procedentes do sector agropecuario que está obrigado a utilizar os servizos telemáticos para distintos trámites e que a falta deste servizo no rural se ve obrigado a desprazarse a outros núcleos para realizalos cando se poderían facer desde as súas explotacións”.
Ademais, “a fenda dixital entre a poboación rural e urbana segue sendo significativa e desde Cidadáns Ames traballamos para reducila e erradicala totalmente e un avance considerable pasa por garantir a accesibilidade ás novas tecnoloxías desde calquera punto do noso concello”, engade Javier López.