Javier López presentou un escrito no rexistro do Concello solicitando esta actuación en beneficio da seguridade viaria dos residentes en O Milladoiro

Ames, 14 de abril de 2016.- Cidadáns Ames vén de demandar ao Goberno municipal deste concello que revise os semáforos, especialmente os pulsadores que facilitan o cruce dos peóns, emprazados na Avenida de Rosalía de Castro, en O Milladoiro. Así o solicitou o voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, a través dun escrito presentado a finais do mes de marzo no rexistro municipal. Javier López trasladou así “unha demanda que nos fixeron chegar veciños de O Milladoiro que denunciaron o mal funcionamento destes pulsadores cando desexan cruzar esta importante vía”.

No documento, o voceiro de Cidadáns Ames solicita que o Goberno municipal, presidido por José M. Miñones, esta acuación co fin de garantir a seguridade e facilitar o uso que fan a diario numerosos vecinos e veciñas de O Milladoiro que teñen que cruzar esta vía, incluso varias veces ao día.

“Esta é unha actuación, sen dúbida, –sinala Javier López- coa que os amienses gañarán en seguridade viaria tendo en conta que máis de 30.000 vehículos transitan a diario por esta vía e son moitos os vecinos que a utilizan para distintas cuestiones do seu día a día”.