IMG-20160310-WA0000
 O portavoz, Juancho Chouza, e o grupo municipal, asisten á inauguración da Oficina de Atención ao Cidadán
Ribeira, xoves 10 de marzo 2016. O portavoz do Grupo Municipal de Cidadáns no concello de Ribeira, Juancho Chouza, agradeceu hoxe ao alcalde de Ribeira a posta en marcha da nova Oficina de Atención ao Cidadán, unha iniciativa, dixo “que eleva de forma notable a calidade democrática do noso concello e a proximidade e comunicación cos veciños”.
 
Juancho Chouza engadiu que “esta Oficina é un primeiro paso para desenvolver as liñas mestras xa expresadas polo noso partido na moción presentada ao comezo da lexislatura -moción aprobada por maioría- , para converter ao concello de Ribeira nunha institución exemplar en transparencia, limpeza e eficacia na xestión do orzamento público”.