O voceiro municipal de C´s Ames lembra que o derrubamento se produciu no mes de xaneiro e leva más de dous meses sen estar reparado
 Ames, mércores 9 de marzo de 2016-  O voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, vén de denunciar a pasividade do Goberno local de Ames ao non esixir á Xunta de Galicia e á empresa concesionaria o inmediato arranxo do noiro da AG-56, derrubado a comezos de xaneiro por mor dun temporal. “Dous meses despois de que se producise o derrubamento, aínda non se solucionou o desperfecto sen que ninguén asumise a responsabilidade e sen que o Goberno de José M. Miñones realizase ningunha xestión para que se axilizasen as obras de reparación”, destaca Javier López.

 Para Cidadáns, a mellor opción pasa pola construción dun muro de escollera fronte ao vexetal que barallou ao principio a empresa concesionaria. Neste sentido, o voceiro de Cidadáns Ames subliña que “segundo os expertos, o muro de escollera ofrece moita máis seguridade xa que só polo propio peso dos materiais proporciónase un extra de seguridade para suxeitar os empuxes do terreo e tamén nos achega un excelente drenaxe que evitará empuxes extra sobre o muro”.

Javier López insta ao concelleiro de Obras, Blas García, e ao alcalde de Ames, José M. Miñones, a que realicen todas as xestións necesarias para que se proceda a reparación deste noiro ao tempo que pide unha explicación para os veciños e veciñas de Ames sobre os retrasos en dita actuación.