Presentacion_EventoDiaInternacionalMujer_Fotor

O obxectivo é compartir ideas para favorecer a conciliación, ao tempo que se fomenta a economía local, reinventando os negocios da zona

Pontevedra, venres 4 de marzo de 2016.

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o grupo municipal de Cidadáns ten previsto organizar un almorzo de traballo ao que se convidou a asociacións locais, diferentes grupos políticos e institucións para debatir sobre a conciliación da vida familiar, laboral e de ocio na cidade de Pontevedra e a súa contorna. O evento celebraráse o 8 de marzo ás 11 horas na Cafetería San Francisco (Plaza da Ferrería nº 7).

O obxectivo é compartir ideas para favorecer a conciliación desde un punto de vista global, co fin de, ao tempo, fomentar a economía local, reinventando os negocios da zona. A este respecto, a portavoz do grupo municipal de Cidadáns, María Rey, indicou que “así, non só lograremos mellorar a calidade de vida das familias pontevedresas, senón que se suxerirán ideas que redunden na xeracíon de emprego e na mellora dos negocios locais, fomentando o consumo na cidade”.

María Rey incidiu en que “somos conscientes de que en Pontevedra fai falla programar actividades que poidan facer as nenas e nenos coas súas nais, país ou coidadores”“Así nolo trasladaron moitas pontevedresas e pontevedreses”, engadiu.

Trátase dunha forma de buscar un consenso independiente que nos permita avanzar nunha loita en favor da conciliación que para Cidadáns é unha loita de todos: país, nais, irmáns, tíos, mulleres, homes, etc en pro dun equilibro real da vida persoal e a profesional.

Dúas das asociacións que estarán presentes son a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) e a Asociación de Mulleres en Pé, que mostraron o seu apoio a este tipo de actividades. Concretamente, a presidenta de AJE, Lucía Pedroso, mostrou a súa satisfacción por que se realice un evento deste tipo xa que “é a primeira vez que se fai algo así na cidade” e manifestou que “son iniciativas que se deben facer máis a miúdo ao longo do ano”. Pola súa parte, a presidenta de Mulleres en Pé, Carolina Hincapié, afirmou que “se trata dun proxecto importante porque na cidade é necesario contar con actividades que permitan ás nais, pais e coidadores exercer o seu rol non só no fogar, senón tamén fóra”.