Ana Rodríguez Masafret, portavoz de Cidadáns: «Pedimos ao goberno local que non improvise cambios, xa que no Plan de Mobilidade e Espazo Público de Ferrol contémplase o aparcadoiro subterráneo da Praza de Armas»
Cidadáns pide ao goberno que respecten o Plan de Mobilidade e Espazo Público de Ferrol, onde se contempla o mantemento do parking subterráneo da Praza de Armas.
Declara que pode supoñer un prexuízo para os residentes e persoas que teñan un negocio no centro, o feito de non facilitar o aparcadoiro de vehículos na zona. «Pedimos facilidades para os ferroláns e para os visitantes».
Reclaman ao Goberno Local que aprendan dos erros cometidos anteriormente na Praza de España á hora de reformar a Praza de Armas. «É necesario un proxecto serio , responsable e de continuidade. Unha reforma da Praza sen parking ten unhas consecuencias de futuro importantísimas xa que modificacións posteriores fanse imposibles sen un enorme desembolso económico».
Desde Cidadáns apoian a consulta que se realizará aos ferroláns, para que sobre todo os máis afectados poidan expoñer os seus problemas e participar sobre o modelo de cidade que queren. «É importante relizar unha sondaxe, para coñecer as necesidades dos nosos cidadáns, pero tamén hai que explicar moi ben que solucións se lles van a dar sobre a problemática do aparcadoiro e o transporte urbano».