Olga Louzao explica explica que moitas familias vense obrigadas a solicitar a totalidade dos días cando só precisan este servizo por periodos máis curtos. A voceira de Ciudadanos considera que deste xeito permitiríase optimizar moito máis as prazas existentes

Lugo, 12 de decembro de 2016. O grupo municipal de Ciudadanos propuxo esta mañá unha serie de cambios nas ociotecas que o Concello pón en marcha durante o Nadal para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os días que os nenos e nenas non teñen clase. Baixo o nome de Aulas Abertas, este servizo consta de 60 prazas distribuídas en tres centros sociais: Maruja Mallo, María Balteira e Milagrosa.

A voceira de Ciudadanos no Concello de Lugo, Olga Louzao, explicou que esta mañá comezou o prazo de solicitude nos distintos centros sociais, que estará aberto até o mércores, e que foron varias as familias que se puxeron en contacto con Ciudadanos porque detectaron eivas no funcionamento deste servizo. “Queremos facer unha serie de propostas para mellorar este servizo, que funciona en Nadal e durante o verán, de cara a vindeiras edicións”, explicou Louzao.

Entre outras cuestións, Ciudadanos propón que as solicitudes poidan facerse por periodos máis curtos, dado que na actualidade as familias vense obrigadas a pedir a totalidade do periodo comprendido entre o día 22 de decembro e o 5 de xaneiro cando en moitos casos precisan este servizo por periodos máis curtos. “Hai familias que só precisan levar aos seus cativos ou cativas unha semana porque a outra non están en Lugo e o actual sistema obrígaos a pedir as dúas semanas completas, polo que están reservando unha praza completa sen ocupala na súa totalidade, e privando a outras familias deste servizo”. Se a reserva puidera ser por días soltos ou periodos semanais, como propón Ciudadanos, podería “optimizarase ao máximo o servizo”, porque a mesma praza podería ser compartida por varias familias.

Cobro segundo nivel de renda

Do mesmo xeito, Ciudadanos pide que o cobro se realice en función do nivel de renda das familias, e non cunha “tarifa plana” igual para todas, coma na actualidade. O importe actual é de 1,03 euros por día. Olga Louzao tamén propón que se centralicen as solicitudes nun único punto de xeito que se unha familia quere optar a unha praza nun centro social en concreto pero xa están todas ocupadas, poida solicitar prazas que poida haber libres nos outros. Máximo o servizo”, porque a mesma praza podería ser compartida por varias familias.

Preguntas sobre a programación de Nadal do Concello

O grupo municipal de Ciudadanos tamén rexistrou unha serie de preguntas dirixidas ao Goberno para as Comisións da vindeira semana en relación á programación de Nadal do Concello. O grupo de Olga Louzaou quere saber se se prevé dentro da programación de Nadal do Concello algunha actividade coas corais da cidade e en caso de que non sexa así, a que se debe a súa exclusión.

Tamén se está prevista este ano a instalación dunha pista de xeo por parte do Concello. En caso negativo, Ciudadanos pregunta cal é o motivo e, en caso afirmativo, que procedemento se seguiu para a súa colocación, despois da polémica creada o ano pasado con esta instalación. Finalmente, o grupo de Olga Louzao tamén pregunta que difusión ten previsto facer o Concello da súa programación de Nadal para que chegue ao maior número de usuarios posible.