2016-10-12-photo-00000022_opt

O grupo municipal desexa moita sorte a estes tres mozos na competición que se celebrará en Inglaterra

Pontevedra, 12 de outubro de 2016. O grupo municipal de Cidadáns quixo mostrar o seu apoio ás novas promesas do boxeo pontevedrés que acudirán ao Bristol Open 2016 en Inglaterra. Para iso, o responsable de Deportes do partido, Luismi Lamas, reuniuse cos boxeadores e o seu adestrador no Ximnasio ABP. Novamente, Cidadáns quixo insistir na falta de apoio institucional a estes deportistas que representan a Pontevedra e Galicia por todo o mundo.

Carlos Nicolás Medranda, Javier Galiano e Jhoan Steven Abadia son o tres pontevedreses que representarán a Galicia na categoría infantil da competición internacional, concretamente nas probas de Kicklight e Pointfighting. Luismi Lamas quixo pór en valor que “uns deportistas de tan curta idade estean a chegar tan lonxe sen contar co apoio institucional que reciben outros clubs”. Ademais, mostrouse sorprendido de que a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, “non respondese a ningunha das peticións e escritos do club no que adestran para, polo menos, escoitar as súas necesidades”.

Pola súa banda, a portavoz de Cidadáns, María Rey, afirmou que “supón un orgullo que existan tantas disciplinas deportivas na cidade e que, sobre todo, esteamos a destacar coas nosas novas promesas”. Ademais, animoulles a continuar traballando e avanzando pola mesma senda porque “todo o seu esforzo seguro que ten recompensa”, xa que, como dixo, “estou segura de que deixarán a España, a Galicia e a Pontevedra nun gran lugar”.

Cidadáns desexoulles moita sorte e comprometeuse a “seguir loitando por favorecer a práctica deportiva na cidade, ofrecendo igualdade de oportunidades a todas e cada unha das disciplinas que se practican, ademais de facer un esforzo por incrementar os recoñecementos públicos ao esforzo e sacrificio das novas promesas que están a deixar tan alto o pavillón do deporte galego e español”.