Considera necesario que exista un inventario de espazos e locais dispoñibles e a unha regulación das condicións de acceso e de cesión por parte das asociacións ou particulares

Olga Louzao reclama ademais que se posibilite a súa reserva a través da páxina web municipal para facilitar o seu uso por parte da cidadanía

Lugo, 20 de outubro de 2016. O grupo municipal de Ciudadanos-Partido da Cidadanía ven de rexistrar unha iniciativa que se debaterá no Pleno Municipal do vindeiro xoves para que se elabore unha Ordenanza de uso dos locais públicos de titularidade municipal, que non existe, para facilitar deste xeito a súa utilización por parte dos cidadáns.

Na iniciativa presentada, Ciudadanos reclama a elaboración dunha ordenanza que regule o procedemento e os requisitos para a cesión de espazos e locais municipais, unha normativa local na que, a xuizo de Cuidadanos, se deben recoller as normas de uso e as condicións de cesión e que comprometan a responsabilidade dos usuarios, así como o coidado e respeto destes espacios, xa que pertencen a toda a cidadanía.

Neste senso, e dada a inexistencia na actualidade dun regulamento no uso destes locais, o grupo municipal de Ciudadanos considera “imprescindible” unha ordenanza municipal que permita “xestionar o patrimonio local baixo os principios de eficacia e rentabilidade social e garanta, do mesmo xeito, a optimización do uso dos locais municipais e o acceso aos mesmos en igualdade de condicións”.

Reserva telemática dos espazos 

Ciudadanos solicita ademais a publicación na web municipal dun inventario de espazos e locais municipais no que se inclúan tanto os que se atopan xa cedidos, con referencia á entidade cesionaria e as condicións de dita cesión, como aqueles susceptibles de ser cedidos, así como a elaboración e publicación na web municipal dun calendario para consulta dos interesados, no que figuren os espazos dispoñibles e os horarios dos mesmos, facilitando a súa reserva de forma telemática, de xeito que sexa máis doado para calquera cidadán ou asociación.

“A participación cidadá é a base da democracia” 

A voceira de Ciudadanos no Concello de Lugo, Olga Louzao, afirma que “a participación cidadá constitúe unha das pezas fundamentais na xeración dunha sociedade máis participativa e máis democrática porque posibilita canles de comunicación axeitadas entre a cidadanía, que xera iniciativas ou propostas a ter en conta, e os responsables das tomas de decisións e correspóndelle á administración local, como a máis próxima aos cidadáns, a tarefa de fomentar esa participación colaborando, na medida do posible, co tecido asociativo que leva a cabo actividades de interese social, cultural, deportivo ou outras”.

Unha das formas de colaboración da que dispón o Concello, afirma Ciudadanos na súa iniciativa, “é poñendo a disposición, tanto de asociacións sen ánimo de lucro, como de persoas xurídicas ou particulares, espazos de titularidade municipal para que poidan realizar as accións dirixidas a desenvolver as súas funcións, acadar os seus obxectivos e levar a cabo actividades de interese social”.