Olga Louzao: “os servizos de pediatría presentan unha situación de extrema saturación, con profesionais que teñen que atender a mais de 50 nenos cada día e unha elevadísima rotación do persoal”
Santiago de compostela, luns 16 de xuño de 2018. Cidadáns rexistrou esta mañá no Parlamento de Galicia, de man da súa voceira en Galicia Olga Louzao, unha pregunta ao Parlamento sobre a situación da atención pediátrica en Galicia co rogo de que sexa formulada á Xunta de Galicia.
A pesares das reiteradas advertencias que diferentes colectivos profesionais sanitarios fixeron nos últimos anos á Xunta de Galicia alertando da necesidade de tomar medidas urxentes para paliar o déficit de pediatras na nosa comunidade, “nos últimos meses temos visto como este problema agravouse até o punto de deixar sen atención pediátrica continuada un importante número de centros sanitarios” denunciou Olga Louzao que recordou que a especialidade de pediatría e unha das que presentan un maior déficit de facultativos en Galicia, “Segundo os datos da Asociación Española de Pediatría en Atención Primaria o 12% das prazas de pediatría están xa ocupadas en Galicia por médicos de familia e no por especialistas”, a voceira de Cidadáns alertou sobre a gravidade dunha situación que lonxe de mellorar non ten visos de mellorar, “Este problema continuará agravándose nos próximo anos, dado que un de cada catro especialistas en pediatría do Sergas ten máis de 60 anos”.
Desde Cidadáns sinálase á Xunta como responsable dunha situación que en opinión de Louzao “urxe teña solución” porque “a resultas da política levada a cabo pola Xunta de Galicia, os servizos de pediatría presentan unha situación de extrema saturación, con profesionais que teñen que atender a mais de 50 nenos cada día e unha elevadísima rotación do persoal”, o que dificulta enormemente a prestación dunha atención de calidade, e esixe dos profesionais sanitarios un esforzo extraordinario.
Na mesma liña, Louzaou sinalou que o déficit de facultativos tórnase especialmente preocupante no verán, período no que o Sergas no é quen de cubrir as vacacións destes especialistas, provocando a interrupción do servizo habitual en numerosos centros de saúde, especialmente no rural, o que supón para as familias novas dificultades de conciliación, polo que en moitos lugares xa houbo protestas e concentracións contra os peches. “Tendo en conta o serio problema de despoboamento e baixa natalidade que presenta a nosa comunidade, consideramos que a atención pediátrica debería ser especialmente valorada e coidada dende a Xunta de Galicia e por isoplantexamos estas preguntas”:
PREGUNTAS
Ao Parlamento de Galicia, co rogo de que, de acordo co disposto no artigo 17 da Lei 7/2015, de 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia, sexan formuladas á Xunta de Galicia:
1. Considerando o importante déficit de especialistas en pediatría que sofre a nosa comunidade, ¿cales son as medidas de largo prazo que ten previsto tomar a Xunta de Galicia para paliar este problema?
2. Centrándonos no período de verán, ¿ten previsto a Xunta de Galicia reconsiderar peche do servizo de pediatría en numerosos centros de saúde e tomar algunha nova medida que reduza os prexuízos ás familias galegas tal como reclaman numerosas agrupacións de cidadáns e de profesionais sanitarios?