Olga Louzao: “Preocúpanos este problema que afecta a tanta xente e “consideramos urxente” que A Xunta reciba e atenda as demandas dos colectivos afectados”

Santiago de compostela, luns 11 de xuño de 2018. Ciudadanos rexistrou esta mañá no Parlamento de Galicia, de mán da súa voceira en Galicia olga Louzao, una serie de preguntas nas que se pide ó Goberno da Xunta que explique as actuacións levadas a cabo en relación coa explotación minera San Rafael, nos Concellos de Touro e O Pino.

Tanto a eventual reapertura da explotación mineira como os efectos sobre o medio ambiente que aínda persisten na contorna da mina tras os deficientes traballos de recuperación e control derivados da explotación no pasado destes recursos mineiros provocaron unha gran contestación social entre os veciños das zonas afectadas pola explotación, así como de organizacións dedicadas á defensa do medio ambiente e dos recursos naturais de Galicia, “un tema que en Cidadáns preocupa e que consideramos de especial relevancia” e sobre o que  “O Goberno da Xunta debe aclarar “xa” que pasos quere dar”comentou Olga Louzao, portavoz de Cidadáns en Galicia, sinalando ademais que é “urxente” que A Xunta reciba e atenda as demandas dos colectivos afectados”.

Louzao explicou que “xa en varias ocasións desde a oficina do Defensor do Pobo ou desde a da Valedora do Pobo se fixo constar a escasa dilixencia da Xunta de Galicia na preservación do patrimonio natural en actuacións derivadas de explotacións mineiras na xestión de canteiras”.

“Preocúpannos especialmente os datos coñecidos fai uns días procedentes das análises efectuadas por Augas de Galicia en diversos puntos afectados pola explotación mineira que mostran valores excesivos de concentración de diversos metais e unha excesiva acidez das augas en varios puntos de control” concluíu a Voceira de Cidadáns que espera que a resposta ás preguntas plantexadas chegue á maior brevedade de tempo.

PREGUNTAS

  • ¿Abriu a Xunta de Galicia algún tipo de expediente informativo ou sancionador por mor dos datos de contaminación das augas coñecidos nas últimas semanas tras a publicación das medicións efectuadas por Augas de Galicia?
  • ¿Ten previsto a  Xunta de Galicia tomar algunha medida en relación ao estudo da solicitude de reapertura da explotación mineira tras coñecer que os traballos anteriores na explotación causaron danos ao medio ambiente?
  • ¿Ten previsto a Xunta de Galicia recibir ás plataformas de afectados que, xa no mes de outubro de 2017, solicitaron reunións cos responsables da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Consellería de Medio Rural e da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio?