Trala presentación do proxecto por parte do Conselleiro, Cidadáns afirmou que o apoiará esperando que Monte Carrasco quede no esquecemento

Pontevedra, 29 de abril de 2016.

Trala presentación do proxecto de ampliación do Hospital de Montecelo por parte do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, a portavoz do grupo municipal de Cidadáns, María Rey, mostrouse satisfeita coa nova proposta para o complexo hospitalario e alegrouse de que “finalmente haxa unha especie de ‘declaración de amor’ da Xunta de Galicia cara os veciños de Pontevedra”.

Para María Rey o proxecto de Gran Montecelo “é o que a cidade pide e necesita”. Por parte do grupo municipal de Cidadáns afirmou que “estamos pola labor de apoiar o proxecto e esperamos que Monte Carrasco quede finalmente no esquecemento”. “A partir de agora seguiremos traballando para que todo isto saia adiante”, engadiu.

Non obstante, María Rey quixo enfatizar que “o que é importante é que van a falar cos médicos e profesionais do sector, porque son os que realmente teñen que decidir como ten que ser un hospital”.

Por outro lado, a concelleira de Cidadáns fixo referencia á organización da visita institucional tildándoa de “situación surrealista”, xa que non é entendible que “un Conselleiro que trae unha proposta para Pontevedra sexa recibido por separado polo grupo de goberno e pola oposición”.