O voceiro de Cidadáns Ames preguntará no vindeiro pleno “que medidas se están a impulsar desde o Concello para frear esta tendencia”
Ames, martes, 19 de abril de 2016- O voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, vén de alertar sobre “o despoboamento que están a sufrir seis das once parroquias que conforman o Concello de Ames nos últimos quince anos”. Segundo datos de poboación, “as parroquias de Agrón, Ameixenda, Lens, Piñeiro, Tapia e Trasmonte sofriron unha diminución da súa poboación que vai desde o 26% no caso de Trasmonte ata o 2% no de Lens”, sinala Javier López.
Ante este escenario, o voceiro de Cidadáns Ames demanda “solucións urxentes que axuden a fixar poboación no noso rural, reforzando as posibilidades de empregabilidade, a calidade de vida destes veciños e proporcionando os servizos públicos que garantan o seu benestar”.
Para iso, Javier López preguntará ao Goberno municipal de Ames, presidido polo socialista José M. Miñones, “que medidas está a valorar o Executivo amiense para poñer freo a esta tendencia demográfica”.
Parroquias Ames | Poboación 2000 | Poboación 2015 | Diferenza | % |
Agrón | 528 | 396 | -132 | -25% |
Ameixenda | 387 | 332 | -55 | -14% |
Lens | 100 | 98 | -2 | -2% |
Piñeiro | 302 | 235 | -67 | -22% |
Tapia | 149 | 117 | -32 | -21% |
Trasmonte | 479 | 353 | -126 | -26% |
Ames | 1434 | 1588 | 154 | 11% |
Biduido | 6815 | 14018 | 7203 | 106% |
Bugallido | 1336 | 1508 | 172 | 13% |
Covas | 677 | 920 | 243 | 36% |
Ortoño | 4342 | 10702 | 6360 | 146% |
Elaboración: Cidadáns Ames