O insigne veciño de Ames foi un dos socios fundadores de Feiraco e firme defensor do campo galego como base do desenvolvemento de Galicia
Ames, martes, 20 de abril de 2016- O voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, vén de lamentar que o Goberno local de Ames “non dera aínda ningún paso para nomear ao noso veciño Maximimo Viaño como Cronista Oficial de Ames despois de que se aprobase esta moción en pleno o pasado mes de novembro”.
A iniciativa presentada e defendida por Cidadáns Ames, salientaba de Maximino Viaño “o carácter incansable, traballador e emprendedor no seu momento con gran visión de futuro” e defendía que na actualidade “atesoura parte do saber e da historia do noso municipio que debe ser compartido e trasladado a futuras xeracións”, lembra Javier López.
Estes feitos xunto con outros destacables da traxectoria de Maximino, levaron a que Cidadáns Ames presentase a moción defendendo o seu nomeamento como Cronista Oficial de Ames en base a que “posúe unha gran parte da memoria viva do noso municipio; é un exemplo para todos os nosos maiores e un adalid do envellecemento activo; defende e utiliza as novas tecnoloxías como ferramenta de espallamento do saber, a cultura, a tradición e a historia e a súa traxectoria persoal é un exemplo para futuras xeracións e un modelo de emprendemento empresarial”.
Sen embargo, pese a que a proposta foi aprobada a finais do mes de novembro, “o Concello de Ames sigue sen proceder ao seu nomeamento oficial, algo que enchería de gran orgullo a todos os veciños e veciñas, xa que valoran e estiman enormemente a traxectoria de Maximino Viaño”.