O voceiro municipal de C´s Ames destaca que é preciso actuar na rúa da Xunqueira, onde as augas pluviais e fecais desbordan xa os sumidoiros
Ames, mércores, 30 de marzo de 2016.- O voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, vén de demandar a urxente limpeza dos rexistros de augas pluviais na rúa da Xunqueira (ou tamén denominada das Fraguas) en dirección a Cantalarrana, en Bertamiráns, “xa que os últimos temporais atacaron os sumidoiros e na actualidade, augas procedentes das choivas e tamén dos desagües veciñais, fundamentalmente fecais e lixo, están a desbordar estas canles, poñendo en serio risco a salubridade dos veciños e veciñas”.
Javier López fai este chamamento despois de Cidadáns Ames presentase a correspondente solicitude ao Goberno de Ames mediante rexistro o pasado 22 de marzo, “antes incluso de que se producisen os últimos temporais de choivas e ante a recorrente incidencia que se rexistra nesta zona cando se suceden días de choivas abundantes”.
O voceiro de Cidadáns Ames lamenta a tardanza do Goberno presidido polo socialista José M. Miñones “en realizar unha actuación sinxela e que beneficiaría de xeito inmediato aos veciños do núcleo de Bertamiráns”.
Cidadáns Ames atende así a unha demanda realizada por un veciño de Ames a través da súa Oficina Virtual de Atención aos amienses.