O documento elaborouse tras varias xuntanzas e entregouse ao colectivo para que poidan facer as súas aportacións
Pontevedra, xoves 17 de marzo de 2016, Tralas xuntanzas mantidas co colectivo de venta ambulante de Pontevedra, o grupo municipal Cidadáns elaborou un borrador de Ordenanza Municipal de Venta Ambulante co que se trata de dar una solución consensuada á tensa situación que viven estes comerciantes, buscando dar respaldo legal ás súas actividades.
O obxectivo é avanzar nesta cuestión, que a día de hoxe está paralizada por parte do grupo de goberno, e que esta proposta de regulamento conte coa aprobación dos comerciantes ambulantes, ademais de, por suposto, o resto de grupos políticos do municipio. Concretamente, tanto o grupo de goberno como a oposición están ao tanto da existencia deste documento que tamén se lles entregará para que o poidan estudar.
Xa en marzo deste ano, a Asociación Galega de Ambulantes Autónomos (AGAA) presentou un escrito en 84 concellos da provincia no que lles solicitaba a elaboración ou modificación de ordenanzas municipales para evitar a venda ilegal. Co fin de axilizar este proceso, Cidadáns mantivo varias xuntanzas co colectivo para elaborar este documento que posteriormente será presentado para a súa aprobación ao Concello de Pontevedra.
Desta forma, Cidadáns faise eco dos problemas da cidade, suxerindo unha solución consensuada para os mesmos. É necesario regular a actividade da feira de Pontevedra para que os que realmente están respondendo ante as súas obligacións legais podan desenvolver a súa actividade sen conflitos e evitar ilegalidades.