O executivo de Lara Méndez incumpriu no exercicio de 2016 a regra de gasto, un dos tres requisitos que fixa a Lei de Estabilidade e Sostenibilidade Financieria aprobada no ano 2012 para as entidades locais

O Concello deberá aprobar en Pleno e poñer en marcha antes de setembro un Plan Económico-Financieiro que será supervisado pola Xunta de Galicia     

Lugo, 12 de xuño de 2017. O Grupo municipal de Ciudadanos denunciou esta mañá que a situación económica do Concello de Lugo empeora día a día debido á “nefasta xestión” da alcaldesa, Lara Méndez, e o seu equipo de Goberno. Á acumulación de ducias de contratos caducados, ao pago constante de facturas con reparos de legalidade e ao incumprimento do prazo de pago a proveedores, que sitúa á cidade de Lugo na segunda capital de provincia española que máis tarda en pagar, súmase agora un novo “revés” para o Goberno municipal, o incumprimento da regra de gasto no exercicio do 2016, o que terá, segundo denunciou esta mañá a voceira de Ciudadanos no Concello, Olga Louzao, “importantes consecuencias porque na práctica supón que o Concello de Lugo vai estar intervido polo señor Montoro e vixiado de preto nos vindeiros dous anos tanto pola Xunta de Galicia como polo Ministerio de Hacienda e Administracións Públicas”.

A regra de gasto é un instrumento de disciplina orzamentaria que trata de garantir a sustentabilidade das contas públicas de maneira que, nun horizonte de medio prazo, o crecemento do gasto das Administracións públicas veña limitado pola capacidade de financialo con ingresos estables e sostidos no tempo. De acordo con esta filosofía, a aplicación desta regra impide que o gasto público se incremente anualmente por encima da taxa de referencia de crecemento do PIB a medio prazo da economía española, sendo posible superala, unicamente, no caso de que ese exceso se compense con aumentos de ingresos de carácter permanente.

Segundo explicou esta mañá Olga Louzao, o Concello de Lugo incumpriu no pasado exercicio o límite de incremento de gasto, fixado polo Estado no 1,8% para 2016, o que en parte se debe, segundo o informe do propio interventor, á tramitación de expedientes administrativos de recoñecementos extraxudiciais de crédito, “unha figura cuestionada que o Goberno de Lara Méndez emprega sistematicamente para pagar facturas polo atraso que acumula no pago debido á ineficaz xestión deste Goberno”, que a voceira de Ciudadanos considera “un desastre en todos os ámbitos e tamén no da economía”.

 

Consecuencias: necesidade de autorización para convenios e subvencións e aprobación dun Plan Económico Financieiro do Concello

A Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira fixa tres regras fiscais de obrigado cumprimento: estabilidade orzamentaria, débeda pública e regra de gasto. Esta última aparece por primeira vez coa aprobación no ano 2012 desta lei e aplícase por primeira vez no exercicio 2013, situándose ao mesmo nivel que as outras dúas en canto á obrigatoriedade da súa aplicación e ás consecuencias do seu incumprimento, que pasan por que a administración pública incumpridora deberá someter o seu endebedamento, convenios e subvencións aos informes e autorizacións previas da Xunta de Galicia e do Ministerio de Hacienda, tal como aparece recollido no artigo 20 da ley.

Outra das consecuencias é que o Concello de Lugo está obrigado a presentar no prazo máximo de dous meses un Plan Económico-Financeiro que permita reconducir a situación. Segundo se establece no artigo 21 da ley, este plan conterá como mínimo, información das causas do incrumprimento, as previsións de ingresos e gastos municipais e unha descrición con cuantificación e calendario de aplicación das medidas que se van adoptar para que no prazo de dous anos o Concello logre cumprir de novo os obxectivos de estabilidade orzamentaria e a regra de gasto.

Este Plan Económico Financieiro do Concello de Lugo deberá ser aprobado polo Pleno e remitido á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Hacienda no prazo máximo dun mes. A Comunidade Autónoma, que no caso da galega ten atribuídas as competencias de tutela financieira sobre as entidades locais, deberá dar o visto bo ao plan de reequilibrio presentado polo Concello antes de dous meses e a súa posta en marcha por parte do Concello non poderá exceder os tres meses desde a constatación do incumprimento. Esta constatación tivo lugar o pasado 25 de maio mediante a dación de conta da liquidación do Orzamento de 2016, na que o interventor municipal informou á Corporación deste desequilibrio nas contas do 2016 e, tal como fixa a ley, deuse traslado mediante remisión de copia á Administración do Estado e á Cominidade Autónoma para a posta en marcha dos mecanismos correctores fixados na normativa estatal.

 

Despreocupación absoluta do Goberno municipal

A voceira de Ciudadanos amosou esta mañá o seu “desconcerto” polo feito de que nin a alcaldesa, Lara Méndez, nin a súa concelleira de Economía, Ana Prieto, mostren “nin o máis mínimo xesto de preocupación ante a situación de descalabro e colapso absoluto” á que ao seu xuízo “están a levar a este Concello”. Olga Louzao denunciou ademais que “a día de hoxe o Goberno non deu aínda instruccións para a elaboración do Plan Económico Financieiro malia que os prazos que fixa a lei para a súa aprobación son moi curtos” e criticou que “no canto de traballar para resolver este problema”, tanto a alcaldesa como Ana Prieto se dediquen a “pasear e facerse fotos en eventos de distinta índole”.

A voceira de Ciudadanos esixiu “seriedade” ao Goberno municipal “xa que están a xestionar cartos que son de todos os lugueses e luguesas” e alertou de que “é un feito grave que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Hacienda teñan que intervir un Concello como o de Lugo para supervisar a nefasta xestión económica deste Goberno”.