Olga Louzao explica que tal como está regulado na actualidade o tributo obriga a pagar mesmo a aquelas persoas que perderon a súa vivenda como consecuencia dun desafiuzamento
Ciudadanos explica que a Lei de Facendas Locais non ten en conta que moitos inmobles perderon valor como consecuencia da crise económica, polo que o imposto resulta inxusto, tal como ven de resolver o Tribunal Constitucional
O Concello de Lugo recada 2 millóns de euros ao ano por plusvalías e xa se presentaron no Concello varias reclamación para a devolución do cobrado indebidamente nos últimos anos
Lugo, 24 de marzo de 2017. A voceira do grupo municipal de Ciudadanos, Olga Louzao, quere que o Concello de Lugo suspenda o cobro da plusvalía municipal nos casos nos que o contribuínte demostre que non houbo incremento de valor e, polo tanto, gañancia patrimonial, no mesmo sentido que anunciou que fará o alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, no seu concello. Ciudadano pide a través dunha moción que será debatida no Pleno da vindeira semana que se modifique o actual imposto de plusvalías municipal por resultar “inxusto en moitos casos ao non ter en conta a situación real no caso de venda de inmobles e cobrar unicamente en función dunha estimación en función do valor catastral e do número de anos transcorridos desde a adquisición”.
O Concello de Lugo recada ao ano 2 millóns de euros por plusvalías e a Ordenanza Fiscal número 201, reguladora do imposto municipal sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, basea o cobro da plusvalía municipal nos mesmos criterios recolidos na Lei de Facendas Locais postos en entredito polo TC: valor catastral e anos transcorridos desde a adquisición até a venda, explica Ciudadanos. Olga Louzao explica que paga o mesmo unha persoa que fixo un negocio lucrativo coa venda dunha parcela ou un inmoble que aquela que lle perdeu cartos como consecuencia da crise económica ou doutros factores. A actual situación chega a ser tan inxusta que mesmo obriga a tributar a aquelas persoas que foron desafiuzadas e perderon a súa vivenda, explica Ciudadanos, que presentou unha proposición ao Pleno da vindeira semana para modificar a actual ordenanza.
Ciudadanos explica na súa iniciativa que “o 16 de febreiro de 2017, o Tribunal Constitucional resolveu a cuestión de inconstitucionalidade nº 1012/2015 promovida por un xuíz do contencioso de Guipúscoa sobre os artigos 4.1, 4.2 a) e 7.4 da Norma Foral 16/1989, que regula o Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, a Plusvalía Municipal” e que “os apartados cuestionados polo TC son idénticos aos recolleitos na Lei de Facendas Locais, reguladora de dito gravame, e foron declarados inconstitucionais e nulos na medida en que someten a tributación situacións de inexistencias de incrementos de valor”.
A resolución do TC pon de manifesto a inadecuada regulación dun imposto cuxa esixencia é potestativa, e que obrigou a facer fronte a pagos a numerosos contribuíntes que non obtiveran ningún beneficio/plusvalía na transmisión de vivendas e locais na nosa localidade. Xa fora motivada por unha elección persoal, froito da necesidade económica ou dunha imposición legal, como foron os supostos de execución hipotecaria, o cobro da plusvalía municipal nos casos de perda patrimonial resulta claramente inxusto.
As Pontes, Vitoria e Salamanca xa suspenderon o cobro
Por iso, argumenta Ciudadanos na súa moción, “a modificación da ordenanza non debe demorarse no tempo”, para que, no momento no que se cambie a Lei estatal de Facendas Locais, poida entrar xa en vigor a nova ordenanza municipal. Xa se da por suposto, e así o dixo o Presidente da Femp e alcalde de Vigo, que esta modificación terá que acabar por facerse. Con este obxectivo, o grupo municipal de Ciudadanos propón ao resto de grupos da Corporación un acordo plenario que inste ao Goberno central a modificar a Lei de Facendas Locais en consonancia co exposto polo Tribunal Constitucional na súa resolución de 16 de setembro de 2017 e pide ao Goberno municipal que, unha vez sexa modificada a Lei de Facendas Locais, adapte a Ordenanza Municipal número 201 para que o cobro da plusvalía municipal se axuste á capacidade económica real do contribuínte.
“E tamén solicitamos a inclusión dunha disposición transitoria na actual ordenanza para non cobrar este imposto a partir de agora nos casos nos que se demostre que non existiu ganancia patrimonial, senón perda. Porque entendemos que nestes casos, debe primar unha fiscalidade xusta e respetuosa coa capacidade económica dos constribuíntes, e non unha recaudación claramente con carácter confiscatorio e inconstitucional. Deste xeito, o Concello actuaría con prudencia ante as novas situacións que poidan surxir, evitando reclamacións e devolucións que duplicarían o traballo administrativo sen necesidade. Así o acaban de facer moitos Concellos, como Vitoria e Salamanca, gobernados polo PP, ou en Galicia o Concello das Pontes, gobernado polo PSOE”, explica a voceira de Ciudadanos, que consideraría “ilóxico totalmente que o alcalde das Pontes polo PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, decidira suspender o imposto de plusvalía municipal no seu Concello xa ese ano e o Goberno municipal de Lara Méndez en Lugo, tamén do PSOE, vote en contra”.
O Concello de Lugo comezou a recibir xa reclamacións
“Esta sentencia do Tribunal Constitucional vai facer ademais que moitos cidadáns que se viron afactados gravosamente polo pago da plusvalía, inicien reclamacións que, con moita seguridade, poden acabar facendo que os Concellos teñan que devolver os cartos inconstitucionalmente cobrados, polo menos dos catro últimos anos, antes de prescriba. E debemos estar preparados elaborando un protocolo ante estas situacións e para que esa devolución dun imposto cobrado de forma totalmente inxusta se devolva o antes posible e coa menor problemática posible para o cidadán”, argumenta Olga Louzao, que explica que “no Concello de Lugo xa foron presentadas varias reclamacións neste sentido de devolución do cobro indebido nos últimos anos por parte do Concello de Lugo”.
Do mesmo xeito, Ciudadanos tamén insta ao Goberno municipal a estudar a posible devolución do cobrado inxustamente a aqueles contribuíntes que non obtivesen plusvalías coa transmisión de inmobles sitos no termo municipal de Lugo, así como a arbitrar as medidas necesarias mediante as cales os afectados poidan reclamar as cantidades satisfeitas en concepto de Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana nos casos nos que non se produciu tal incremento. “Faise necesario por tanto que o Pleno do Concello de Lugo arbitre con carácter urxente medidas que, dentro das competencias das administracións locais, logren que se esixa o tributo con arranxo á capacidade económica real do contribuínte, así como reparar a aqueles que fixeran fronte ao gravame, cando non tiñan obrigación”, argumenta Olga Louzao.
Equiparar a Plusvalía municipal ao Imposto de Sucesións da Xunta
Ao mesmo tempo, Olga Louzao propón que a Ordenanza Municipal que regula as plusvalías municipais se equipare a outros tributos como é o imposto da Renda estatal ou o imposto de Sucesións autonómico, “de maneira que non se produzan as disfuncións que se dan hoxe en día, cando unha mesma persoa e polo mesma situación está exenta de pagar o imposto de Sucesións pero ten que pagar a plusvalía ao Concello”.
Para iso, Ciudadanos pide modificar o artigo 15 da ordenanza municipal para equiparar os supostos bonificables aos recollidos na normativa que regula o imposto de sucesións no caso de morte ou por pactos sucesorios (mellora ou apartación), cando os suxeitos pasivos do imposto sexan descendentes e adoptados ou ascendentes e adoptantes, colaterais por consanguinidade (maiores de 65 anos sempre que convivisen co causante ou outorgante os dous anos anteriores), cónxuxe do causante ou persoa con que convivira o causante con análoga relación de afectividade e así conste nun rexistro público, establécese unha bonificación sobre a cota íntegra do imposto correspondente ao ben inmoble de natureza urbana que sexa a vivenda habitual do causante, en función do valor catastral do solo
Transmisión de negocios a descendentes
Do mesmo xeito, Ciudadanos tamén propón medidas para fomentar a actividade comercial destinadas aos pequenos negocios, como bonificacións no pago de plusvalías no caso de transmisión de negocios familiares cando o sucesor sexa un familiar directo, por medio de establecer unha bonificación na transmisión de locais afectos a actividade económica exercida polo causante, tanto no caso de falecemento coma no caso de transmisións de negocios inter vivos cando o suxeito pasivo sexan descendentes, adoptados ou cónxuxe do causante ou persoa con que convivira o causante con análoga relación de afectividade e así conste nun rexistro público. Esta bonificación sería a metade da fixada no artigo 15 da Ordenanza para os casos por causa de morte, é dicir:
- a) 47,5% para valores catrastrais de0 a 000 euros
- b) 25% para valores catrastrais de000,01 a 16.000 euros
- c) 12,5% para valores catrastrais de 16.000,01 euros en adiante