· Olga Louzao lamenta que o bipartido garde nun caixón este asunto e considera moi grave a falta de vontade política mostrada polo executivo para traballar de forma efectiva na consecución da igualdade entre homes e mulleres. Acusa a socialistas e nacionalistas de reducir as políticas de igualdade a accións panfletarias ao ignorar a aprobación dun plan obrigatorio segundo a Lei de igualdade de xénero de 2007 Lugo, 8 de marzo de 2020. A portavoz municipal, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a aprobar con urxencia un Plan de Igualdade para os traballadores e traballadoras do Concello. Louzao lamentou durante a súa intervención no Día Internacional da Muller que o bipartido garde nun caixón este asunto e considera moi grave a falta de vontade política mostrada polo executivo para traballar de forma efectiva na consecución da igualdade entre homes e mulleres. «Clama ao ceo que no ano 2021 o Goberno local non teña aínda un Plan de Igualdade actualizado e aprobado. É necesario que a institución conte con este documento como ferramenta vertebradota nas relacións laborais», sinalou a concelleira da formación laranxa.Louzao acusa a socialistas e nacionalistas de reducir as políticas de igualdade a accións panfletarias baleiras de contido real. «Esta institución debería traballar sobre o principio de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal. Necesitamos contar cun Plan que permita lograr o obxectivo prioritario de seguir incorporando a transversalidade a todos os ámbitos de intervención municipal. Deste xeito avanzariamos máis rápido e con maior determinación cara o obxectivo de fomentar a participación igualitaria da poboación en todas as esferas a escala local», proseguiu. Contar cun plan actualizado permitiríanos dar resposta ás novas problemáticas sociais e vencer a inercia das resistencias culturais que aínda existan no ámbito profesional exemplificando deste xeito ante a sociedade lucense. Louzao recordou ademáis que este docuemtno é obliratorio segundo a Lei de igualdade de xénero de 2007. «É canto menos sonroxarte que as empresas da nosa cidade conten con documentos deste tipo e o propio Concello careza dun plan actualizado pola pasividade e ineficacia do executivo liderado por Lara Méndez. O novo Plan de igualdade do Concello arrastra un atraso inasumible que evidencia como o grupo do Goberno local está a xestionar este municipio, sen planificación e únicamente con políticas de cara a galería», concluíu a portavoz.