·    A portavoz municipal critica a «política de postureo» do executivo de Lara Méndez e solicita que se empreguen, na medida do posible e en acabados interiores, madeiras de especies autóctonas galegas e que se faga no próximo pleno unha declaración por parte da corporación municipal en apoio das especies autóctonas 

Lugo, 12 de xaneiro de 2021-. A portavoz municipal, Olga Louzao, citicou esta mañá a política de postureo do executivo de Lara Méndez por dar información enganosa en relación aos materias de construción do denominado edificio Impulso verde. «Segundo declara a alcaldesa, este edifico do que descoñecemos aínda o seu uso será o estandarte do proxecto Life Lugo Biodinámico e emblema do primeiro barrio multiecolóxico de España. Afirman que é o primeiro edificio construído en Galicia con madeira autóctona certificada. Sen embargo o edificio Impulso Verde construirase estruturalmente con eucalipto e piñeiro radiata. Ambas especies arbóreas exóticas e foráneas, de orixe australiano e americano, aínda que con notable e crecente presenza nas plantacións forestais galegas», sinalou a concelleira da formación laranxa.

«Estamos totalmente de acordo en que contar cun aserradeiro lucense e unha excelente noticia, pero chama poderosamente a atención que nun proxecto destinado a ser un exemplo de modelo a seguir  emprégase este tipo de materiais, cando se pretende, segundo as súas propias palabras, potenciar a produción e transformación industrial de madeiras de especies autóctonas nobres. É unha contradición inescusable que ademais conduce intencionadamente ao engano», continuo a edila.

«No mercado galego existen na actualidade empresas que fabrican estruturas de madeira laminadas con materiais autóctonos nobres, como é o caso do castiñeiro, polo que creemos que este tipo de madeiras deberían de ser as elixidas para a construción deste emblemático edificio. Dado que este edificio, en eucalipto e piñeiro americano, xa está en fase de execución, solicitamos que se empreguen, na medida do posible e en acabados interiores, madeiras de especies autóctonas galegas, e que se faga unha declaración por parte da corporación, no próximo Pleno, en apoio as especies autóctonas para que en futuros proxectos se potencie o seu uso, tanto en reformas como en obras de nova execución», afirmou Louzao.

«De feito, o propio proxecto, noutra das súas actuación si fai unha aposta pola madeira autoctona, pero non neste caso. Dentro da iniciativa denominada Selvicultura de Frondosas Autóctonas no medio urbano para produción de madeira de calidade plantarase 4 hectáreas de especies frondosas realmente autóctonas, non como o edifico Impulso verde, como cerdeiras, freixos, pradairos e carballos», concluíu.