Oleiros 8 Xaneiro 2021.-
Hoxe asinamos unha solicitude conxunta para que se celebre un Pleno
Extraordinario sobre as causas e circunstancias que rodearon a
demolición da Casa Carniceiro o día de fin de ano.
De momento, polo que sabemos, pódense identificar claramente dous
feitos que de confirmarse serían moi graves, o primeiro por omisión e o
segundo por acción.
Por unha banda, non se pretendeu en ningún momento apontoar e garantir
a seguridade das paredes da Casa tras o incendio así como presentar o
plan de rehabilitación demandado por Patrimonio da Xunta. Para isto o
Sr. Alcalde dispuxo dun prazo de 5 meses.
Por outro, o proceder á demolición dos restos do inmoble, en contra da lei
e sen ter os permisos oportunos para iso, impedindo toda opción de
rehabilitación.
A pesar da escaseza de medios a disposición e a todos os obstáculos que
nos pon o Goberno Local, unha vez escoitadas todas as partes e
estudados todos os documentos que esperamos póñanse á nosa
disposición, estableceremos unha serie de conclusións. En base a estas,
determinaremos os seguintes pasos a dar.