·      A portavoz municipal, Olga Louzao, acusou á elida responsable da Praza de Abastos e o Mercado municipal de vivir ao marxe da realidade e lle insta a abordar con urxencia as numerosas deficiencias en ambas instalacións que poñen aos placeiros nunha situación crítica 

Lugo, 30 de outubro de 2020. A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, esixiu esta mañá unha rectificación pública á concelleira responsable do Mercado Municipal e da Praza de Abastos, Cristina López, polas súas declaracións no pleno celebrado o xoves nas que aseguraba que nestas instalacións municipais «non vende o que non quere». Louzao considera inadmisibles estas afirmacións e acusa á concelleira do BNG dunha falta total de empatía e un profundo descoñecemento da situación. «Afirmar semellante disparate revela un descoñecemento total da realidade social e económica dun colectivo formado por 70 pequenos empresarios que á súa vez xeran moitos postos de traballo comprometidos neste momento por moitos expedientes de regulación temporal de emprego. Desde Cs levamos moito tempo advertindo de que a falta de implicación deste Goberno local coas deficiencias de ambas instalacións condenará a moitos placeiros ao peche. Proceso que se acelerará polas consecuencias derivadas da pandemia do Covid-19 e os inconvenientes derivados das obras se non se adoptan medidas extraordinarias como as propostas polo noso grupo para a condonación do canon e aplicar unha rebaixa fiscal», asegurou a concelleira da formación laranxa.

Louzao censurou a incapacidade do Goberno local para xestionar o Mercado e a Praza e lamentou a súa falta de vontade política para apostar por dúas instalacións de valor estratéxico incuestionable para o noso municipio. «As obras de modernización están inconclusas desde fai anos, as deficiencias en climatización e iluminación foron ignoradas, a necesidade de tomar medidas de hixiene contra o Covid, tamén. A adxudicación dos postos está sen resolver desde o 20 de xaneiro deste ano, a páxina web para a que existe un contrato de mantemento subscrito polo Concello como feramenta dinamizadora atópase sen actualizar desde marzo deste ano. En definitiva trátase dunha longa lista de accións necesarias suscitadas polos propios placeiros para dinamizar o consumo que foron reiteradamente ignoradas. Esta actitude evidencias a falta de compromiso do Goberno municipal co comercio local e faise extensible a todo o tecido lucense», proseguiu Louzao.

Corrixir as deficiencias derivadas das obras en Quiroga Ballesteros

Ademais da rectificación pública e a necesidade imperiosa de resolver as adxudicacións pendentes, Louzao esixiu á edila nacionalista a que corrixa de inmediato unha serie de deficiencias xeradas polas obras de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros que están xerando problemas na loxística da Praza. «Insistimos en que estamos totalmente a favor das obras, pero é necesario solucionar os problemas derivados destes traballos dos que o Goberno local está informado polos placeiros. O tránsito de viandantes aumentou pola pechadura da vía e é necesario dotar os accesos á praza dun servizo de seguridade para controlar a circulación. Ademais os traballos deixaron a zona sen carga e descarga e é necesario habilitar unha zona temporal para dar cabida aos provedores en Camiño do Hospital», sinalou Louzao.