A voceira municipal, Olga Louzao, anunciou que o seu grupo propoñerá no pleno do xoves unha bonificación para executar este mismo ano 2020 do IBI do 30 % para as actividades comerciais e hostaleiras e ata un 30% do IAE as empresas con menos de 10 traballadores
Esta medida promovida por Cs Lugo pretende paliar os efectos negativos que, con motivo da aplicación das medidas excepcionais adoptadas no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, se están a producir en sectores económicos que desenvolven a súa actividade no ámbito do concello de Lugo. «Desde o noso grupo, propoñemos que esta bonificación sexa de aplicación no exercicio 2020, o que plantexa o problema, como se dixo na Mesa de Traballo das Ordenanzas Fiscais, da retroactividade da mesma. En relación a este asunto, e para tratar de argumentar a nosa proposta de dar eficacia retroactiva, facemos referencia á Sentencia do Tribunal Supremo de 19 de decembro de 2011, que recolle a xurisprudencia en relación a esta materia.
A xurisprudencia existente aporta seguridade xurídica
Louzao referiuse a seguridade xurídica que aporta a xurisprudencia existente e que permitiu xa a outros concellos do estado, como o de Madrid, aplicala. «Devandita sentenza recolle a posibilidade de que, sempre que non se contradiga un mandato legal e se respecten os principios constitucionais, as Ordenanzas Fiscais teñan carácter retroactivo, aínda que a Lei non o autorice expresamente. Trátase dun documento moi claro que remata co mito establecido que as baixadas de impostos extraordinario nos se poiden abordar de xeito inmediato», dixo a voceira.
«Pode defenderse a retroactividade das ordenanzas fiscais nestes casos ao existir unha esixencia cualificada do interese xeral na aplicación retroactiva da mesma, como é paliar as gravísimas consecuencias que para os sectores económicos da cidade está a producir e producirá a adopción das medidas tomadas ante a crise sanitaria sen precedentes creada pola propagación do COVID-19, de tal xeito que os beneficios fiscais pola mesma a un exercicio fiscal futuro e non ao presente faría perder en gran medida a finalidade buscada pola mesma. É neceario actuar rápido. A ciudadanía así o demanda. Non valen excusas» concluíu Louzao.