•   A  portavoz municipal, Olga Louzao, denunciou o estado de abandono das fontes do Burgo e da fonte e Tuíxe, en Bazar. A portavoz urxe ao equipo de Goberno a actuar sen máis demora

Lugo,  15 de xullo de 2020.   A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a redactar un Plan municipal de recuperación de fontes e lavadoiros tradicionais. Louzao advertiu da situación límite na que se atopan moitas destas infraestruturas espalladas ao longo do noso municipio. Como exemplo, a edila expuxo os casos de abandono que sofren as fontes da parroquias do Burgo e de Bazar, no lugar de Tuíxe.  «Non podemos deixar apodrecer un patrimonio de tanto valor. O Goberno ten que actuar. É necesario realizar un traballo de inventariado e deseñar un plan de recuperación en todas as parroquias», sinalou a voceira da formación laranxa.

«O sistemas de abastecemento de auga a través de fontes tradicionais son un patrimonio etnográfico de incalculable valor que está a ser esquecido por este goberno de forma sistemática», afirmou Louzao.« De non ser polo traballo do tecido asociativo veciñal no noso municipio moitas destas redes de abastecemento tradicionais e as súas fontes houberan desaparecido a día de hoxe. Claro exemplo disto e o estado que presenta o sistema de fontes tradicionais na parroquia de Bazar, recuperado en parte pola súa asociación de veciños», proseguiu.

Cs urxe a actuar de inmediato no Burgo e Bazar

«Sen embargo, aínda queda unha fonte por recuperar. Devandita fonte, situada no lugar de Tuíxe, atopase actualmente en funcionamento pero presenta atrancos na súa rede de abastecemento e un evidente deterioro da estrutura  e do caño. Do mesmo xeito e necesario levar a cabo traballos de consolidación na pila», dixo Louzao. «O mesmo sucede na fonte da parroquia do Burgo. Estás dúas son solo un exemplo do estado de abandono que presenta no medio rural a rede de fontes e lavadoiros tradicionais.  Por todo isto, instamos ao equipo de goberno a que leva a cabo os traballos de conservación das dúas fontes mencionadas pola súa urxencia», concluíu.