•   A portavoz municipal, Olga Louzao, criticou a falta de vontade política do Goberno local e censurou o seu escaso compromiso pola reciclaxe e a conservación do medio natural

Lugo,  4 de xuño de 2020.  A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a instalar contedores aptos para a reciclaxe do aceite de uso doméstico en varios puntos da cidade sen máis demora. «É necesario que o Goberno local actúe con premura. Unha cidade coas características de Lugo, a súa conexión co medio natural e a súa relación cos acuíferos da súa contorna, non se pode permitir non reciclar os aceites usados, xa que supón un risco real para o equilibrio do noso ecosistema», sinalou a concelleira da formación laranxa.

Louzao criticou a pasividade do Goberno local neste sentido. «É evidente que existe unha falta de vontade política con este asunto. Consideramos intolerable o escaso compromiso do executivo do Lara Méndez coa reciclaxe e a conservación do noso medio natural. É inconcibible que no ano 2020 o noso municipio careza dun sistema de reciclaxe de aceites usados efectivo, xa que os puntos actuais para levar a cabo este reciclaxe son anecdóticos», sinalou a portavoz.

O modelo de Vitoria, unha inspiración para Lugo

«O sistema de reciclaxe de aceite, cando chegue, non pode limitarse á instalación de catro puntos de forma testimonial. Desde Cs apostamos por un sistema integral que garanta a súa efectividade. Vitoria é un exemplo de que a aposta pola reciclaxe é rendible para a administración local e aumenta a calidade de vida dos cidadáns. A capital de Álava conta desde o pasado ano con 121 puntos de recollida de aceite sen custo para o Concello e ademais inclúe a recollida do aceite en edificios públicos como centros cívicos e equipamentos educativos», proseguiu. «Insistimos en que se trata dun problema de vontade política. O aceite de cociña usado é un dos contaminantes máis agresivos co medio ambiente. Un litro de aceite contamina máis de 1.000 litros de auga segundo os estudos técnicos», recordou.