- A voceira municipal, Olga Louzao, denunciou o elevado número de sinistros que se produce neste cruzamento e urxe ao Goberno local a encargar un proxecto que inclúa unha rotonda como medida preventiva
Lugo, 10 de marzo de 2020. A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, denunciou esta mañá a preocupante falta de seguridade que existe tanto para os peóns como para os vehículos na grande intersección que conecta as rúas Angelo Colocci e Santo Grial, á altura do parque Bispo Xosé Gómez. «Trátase dun punto estratéxico na zona norte do municipio que sofre unha alarmante falta de seguridade constatada pola alta siniestralidade rexistrada neste cruzamento. Necesitamos reverter esta situación, instamos ao Goberno local a que encarguen a elaboración dun proxecto que dote dunhas mínimas garantías de seguridade este punto neurálxico do barrio da Piringalla», declarou a portavoz da formación laranxa.
Louzao afeou a falta de interese mostrada polo Goberno bipartito por aportar solucións a este asunto. «Son coñecedores de que se trata dunha intersección que afecta a diferentes vías na que os vehículos transitan cunha velocidade considerable e na que non queda claras as prioridades de paso. É obvio que a ordenación do tráfico esta mal resolta polo número de colisións que se rexistran. Ademais a inseguridade para os peóns queda patente a través das numerosas queixas veciñais recibidas. Nin sequera existe unha regulación por semáforos, que sería unha solución viable aínda que na nosa opinión non a mellor. Deben actuar de forma urxente» asegurou a concelleira.
Unha rotonda, a opción máis efectiva
«Desde Cs Lugo consideramos que a construción dunha rotonda na intersección das rúas Angelo Colocci e Santo Grial sería a mellor solución para solucionar a falta de seguridade viaria na zona. Non entendemos como o cruzamento de unha vía de 23 metros de ancho esta regulada cun simple sinal de stop. Existe espazo dabondo para a súa instalación e sen dúbida contribuiría a ordear o tráfico e axudaría a que os vehículos circulasen por este punto cunha velocidade máis adecuada» proseguiu. «Ademais consideramos necesario que debe instalarse nova sinalización tanto horizontal como vertical para mellorar a seguridade dos peóns» concluíu Louzao.