Santiago, lunes, 4 de xuño de 2018. Cidadáns solicitou ao Concello de Santiago “a urxente limpeza de diversas leiras municipais localizadas nas inmediacións da Avenida de Ferrol”

Varios veciños mostraron a súa preocupación polo estado de abandono e deterio de varias leiras propiedade do  Concello situadas na Avenida de Ferrol, Rúa Monte de Conxo e Rúa García Prieto que presentan abundante maleza e alta vexetación sendo un foco importante de incendios e un risco para a salubridade da zona.

Lembramos ao  Concello que a normativa da Xunta en relación coa prevención de incendios, obriga tamén á Administración a manter limpas as súas leiras e isto cobra maior importancia agora que nos achegamos ás datas de verán. Tras varias queixas de veciños por medo a que se produzan incendios incontrolados nesta zona do centro urbano, “solicitamos ao  Concello a urxente limpeza das leiras para previr problemas futuros” “En Cidadáns continuamos traballando para facernos eco dos problemas dos veciños, chegamos para buscar solucións reais aos seus problemas cotiáns” señalou María Vilas, Coordinadora de  Cs Santiago de Compostela.