A Voceira de Cs pide que se extremen os controis sobre este tipo de actividades perigosas para evitar que accidentes e traxedias deste tipo se repitan
Santiago de Compostela, xoves 24 de maio de 2018. A portavoz de Cidadáns en Galicia, Olga Louzao trasladou as súas condolencias ás familias dos feridos e afectados pola explosión rexistrada en Tui na tarde de onte mércores, especialmente á familia do, ata o de agora, único falecido nesta explosión de material de pirotecnia na vivenda da parroquia de Paramos.
Desde Cidadáns, Olga Louzao pide agora que a investigación esclareza canto antes as causas do acontecido e que “se extremen os controis sobre este tipo de actividades perigosas para evitar que accidentes e traxedias deste tipo se repitan”.
“Os foguetes e a pirotecnia forman parte das festas de Galicia sendo algo habitual na nosa terra” sinalou a voceira de Cs, pero este tipo de materiais “deben estar regulados e controlados”, “é preciso que a súa fabricación, transporte e o seu uso conten con todas as garantias de seguridade precisas” finalizou comentando Louzao.