• Sanchez Agustino: “obrigar aos sanitarios a pagar pola súa formación pode xerar efectos indeseados, como que deixen de formarse ou que cobren ese diñeiro de forma opaca, a través de fundacións, etc.”

 

Santiago, 26 de maio de 2017. Cidadáns (Cs) Galicia apoia aos médicos galegos na súa reclamación de non tributar pola formación paga pola industria. Así o expresou o seu Portavoz en Galicia Javier Sánchez Agustino ante a demanda e polémica xerada entre o colectivo médico tras coñecerse a intención de Facenda de que os profesionais sanitarios tributen polos gastos de asistencia pagados pola industria farmacéutica para a súa participación en congresos:  “Non podemos seguir castigando aos profesionais, e moito menos aos usuarios, negándolles a mellor e máis actualizada sanidade que lles podemos ofrecer” , “Non se trata de tributar por un rendemento que cobran, trátase de tributar por unha formación que beneficia á sociedade”.

 

O portavoz da formación laranxa en Galicia alertou sobre a idea de que “obrigar aos sanitarios para pagar pola súa formación pode xerar efectos indeseados, como que deixen de formarse ou que cobren ese diñeiro de forma opaca, a través de fundacións, etc.”

 

Unha posición de apoio ao colectivo médico en contra desta medida que desde o partido laranxa xa se defendeu no pasado 23 de Febreiro coa presentación, na Comisión de Sanidade do Congreso, dunha proposición non de lei sobre a tributación das transferencias de valor da industria farmacéutica e de produtos sanitarios do Sistema Nacional de Saúde, a cal quedou aprobada.

 

Así o lembraba Javier Sánchez Agustino: “É importante lembrar que Cidadáns (Cs) xa conseguiu o pasado mes de febreiro que se aprobase na comisión de Sanidade do Congreso unha PNL do noso partido para que o médico non deba tributar polas invitacións a congresos”.

 

Dita PNL instaba o Goberno a “considerar exentas de tributación as transferencias de valor dedicadas á formación dos profesionais do Sistema Nacional de Saúde, téndose por tales os pagos das inscricións a cursos, congresos ou calquera actividades formativas para as que obtivesen previa autorización do centro sanitario no que presten os seus servizos, así como os gastos de traslado e aloxamento que se deriven da asistencia ás mesmas, excepto os de manutención”.