• “Non se poderán defender pero si propoñer todo aquilo que desde Cidadáns Cs consideremos importante para os galegos”

 

Congreso dos Deputados, martes 9 de maio de 2017. “A partir de outono Cidadáns Cs empezará a presentar mocións e propostas no Parlamento galego” así o anunciou Marta Rivera da Cruz, Presidenta da Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados, en entrevista esta mañá: “Non se poderán defender o propostas pero si propoñer todo aquilo que desde Cidadáns Cs consideremos importante para os galegos”. engadiu a deputada de Cidadáns (Cs).

Un anuncio que Marta Rivera fixo ao falar da situación de Cidadáns Cs en Galicia: “Cidadáns está a renovar as xuntas directivas en Galicia, un proceso que terminará en xuño” “Cando termine este proceso de elección das novas xuntas directivas nomearase un novo portavoz autonómico”. A presidenta da comisión do Cultura no Congreso referiuse así mesmo á situación do ferrocarril en Galicia do que dixo: “son usuaria do tren e as conexións ferroviarias en Galicia son unha vergoña”. Respecto ao tema da petición de trasvasamento da AP-9 para Galicia afirmou: “Gustaríame que a AP-9 tivese os orzamentos que necesita, as remodelacións necesarias, e que estivese ben coidada. Impórtame menos de quen dependa se as cousas funcionan mellor para toda a xente que a usa”

En canto á actualidade do panorama nacional, en palabras da deputada: “Cidadáns (Cs) votará en contra da negociación da cota vasca” asegurou así mesmo que “en Cidadáns sempre se apoiou a necesidade de abordar unha reforma electoral para asegurar os criterios de representatividade  dos partidos que agora non se cumpren”

“En cidadáns nós non falamos de mocións de censura, é moi urxente dar ao país estabilidade, hai que aprobar uns orzamentos e a xente en España non pode esperar máis” apuntou Marta Rivera.