Santiago, 4 de Abril de 2017. Ante a recente proposta do Concello de Santiago de construír un parque público no lugar que ocupa o patio do antigo colexio Peleteiro, a Agrupación de Cs en Santiago de Compostela solicita que o goberno municipal estude outros posibles usos para ese espazo. En particular Cidadáns (Cs) propón que se analice a posibilidade de utilizar ese emprazamento como aparcadoiro de superficie.

 

“No noso programa para as eleccións municipais xa incluíamos a proposta de habilitar o patio do colexio Peleteiro para aliviar os graves problemas de aparcadoiro do Ensanche, favorecendo desa maneira ao pequeno comercio desta zona da cidade” comenta a Coordinadora da Agrupación de Cs en Santiago de Compostela, María Vilas.

 

A proposta de Cidadáns (Cs) sería adecuar o patio do antigo colexio para convertelo en zona de aparcadoiro con tempo limitado, establecendo descontos ou incentivos vinculados ás compras nos establecementos comerciais do Ensanche.

 

“Cremos que hai alternativas que poden ser útiles e beneficiosas para os veciños e comerciantes da nosa cidade ademáis do parque. O que pedimos do goberno municipal é que as estude” declarou María Vilas.