- O portavoz de Fomento do GPCs aposta por impulsar esta nova investigación xa que a anterior incumpriu os requisitos de transparencia
Congreso dos Deputados, xoves 23 de marzo de 2017. O Grupo Parlamentario Cidadáns (GPCs) presentou unha iniciativa na Cámara Baixa co fin de crear unha nova investigación técnica, no marco da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), en torno ao accidente ferroviario do Alvia en Angrois e levar a cabo medidas para a reparación e dignificación das vítimas e os seus familiares.
Segundo explicou o portavoz de Fomento do GPCs, Fernando Navarro, “é necesario promover esta nova investigación independente posto que a anterior incumpriu os requisitos de transparencia do proceso”. “Un suceso tan grave como o de Angrois non pode quedar no esquecemento das institucións públicas e dos responsables políticos” sinalou Navarro que pediu facer “un exercicio de responsabilidade que, ademais, dignifique e recoñeza aos afectados e contribúa a levar a cabo reformas concretas que permitan mellorar a seguridade ferroviaria no noso país para que isto non volva pasar”.
Así mesmo, o deputado da formación laranxa ha solicitado ao Goberno que “procédase, de forma inmediata, á renovación de todos os vogais da CIAF para que a selección dos seus membros responda os principios de mérito e imparcialidade” e que o Consello de Estado “elabore un informe para determinar a responsabilidade patrimonial do Estado”, concluíu.