• A concelleira María Rey lamenta a actitude do BNG na sesión que, nas súas palabras, “se limita a adoutrinar e fomentar o odio cando non ten argumentos que contrarresten os da oposición”

IMG-20170320-WA0009

Pontevedra, 20 de marzo de 2017.- O grupo municipal de Ciudadanos en Pontevedra logrou o apoio do pleno da corporación para a súa moción na que se solicita ao Goberno Central que se modifique o texto da Lei de Facendas Locais sobre a regulación do Imposto sobre o Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana, coñecido como plusvalía, previa negociación coa FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) e sen menoscabo dos intereses dos concellos. Desta forma, iniciaríanse os trámites que permitirían que o cobro da plusvalía municipal se axuste á capacidade económica real do contribuínte.

 

Para a concelleira María Rey, “non é aceptable que se tribute por perdas coma se fosen ganancias, xa que, tras a crise, moitas persoas tiveron adxudicar o seu fogar ao peor ofertante posible, polo que mesmo perderon ou se quedaron ao límite da súa capacidade económica con estas operación”. “Nesta situación, tiveron aínda que pagar por estas vendas coma se gañasen, por iso é necesario que esta lexislación se axuste a súa capacidade económica real”, indicou.

 

Rey aclarou que “a plusvalía é un imposto potestativo, é dicir, que os concellos poden decidir cobralo ou non. É legal pero non é xusto, por iso é polo que se solicite a súa modificación seguinte a resolución do Tribunal Constitucional”.

 

Doutra banda, María Rey lamentou as faltas de respecto e a actitude do BNG durante toda a sesión. Para a concelleira laranxa “a política consiste en dialogar e non se concibe que o grupo de goberno se limite a adoutrinar e fomentar o odio cando non ten argumentos que contrarresten os da oposición”. “Acúsannos en continuo de facer mocións que non teñen valor e de discutir sobre temas que non son de interese, pero eles son os primeiros en vender fume e tergiversar para dispersar a atención do que realmente importa. O que nos debe preocupar é o benestar dos cidadáns e cidadás de Pontevedra e non se unha moción contén unha errata, se se escribe en castelán ou galego ou as posibles interpretacións que se poden entender das exposicións de motivos dunha moción”. “Estamos aquí para traballar polos pontevedreses e pontevedresas, deixémonos de buscar onde non hai e actuemos”, engadiu.