Santiago, 2 de Marzo. Ante a Sentenza do Tribunal Constitucional do 16 de febreiro de 2017 que resolveu a cuestión de inconstitucionalidade da Norma Foral vasca que regula o Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (a Plusvalía Municipal) e dado que os apartados cuestionados polo TC son idénticos a os recolleitos na Lei de Facendas Locais, a Agrupación Local de Santiago de Compostela de Cidadáns (Cs) solicita que o Concello se implique de forma activa para que  se devolva o diñeiro cobrado de forma indebida aos contribuíntes.

 

“O concello de Santiago debe facilitar os medios e recursos técnicos e humanos necesarios para que os contribuíntes que aboaron indebidamente o imposto obteñan a sua devolución”, indicóu Maria Vilas, Coordinadora de Cidadáns (Cs) en Santiago de Compostela.

 

Cidadáns (Cs) insta ademáis ao Goberno Municipal a que se adhira ás peticións efectuadas para modificar a Lei de Facendas Locais para adecuala o disposto na sentenza do Tribunal Constitucional  e  así proceder  a adaptar a Ordenanza Municipal sobre a plusvalías de tal xeito que  o tributo se axuste a capacidade económica real do contribuínte.

 

Entrementres Cidadáns (Cs) pide do Concello de Santiago que leve a cabo unha interpretación da normativa vixente acorde cos fundamentos da Sentenza do Tribunal Constitucional non exixindo o pago do imposto naqueles supostos nos que non se dese un verdadeiro incremento de valor do inmoble.

 

“A plusvalía municipal ás perdas é un imposto inconstitucional e inxusto. A sentenza do Tribunal Constitucional pon de manifesto a  inadecuada regulación dun imposto que obrigou a facer fronte a pagos a numerosos contribuíntes que non obtiveron ningunha plusvalía na transmisión de vivendas ou de locais” recalcóu Maria Vilas