“Apoiaremos calquera instrumento ao alcance dos partidos que poida servir para esclarecer o ocorrido, as vítimas atoparannos sempre ao seu lado para pelexar polo que é xusto” Sánchez Agustino
Galicia, mércores 22 de febreiro de 2017. Cidadáns (Cs) Galicia quere expresar o seu desgusto polo rexeitamento á nova petición de investigación parlamentaria sobre o sinistro de Angrois, ocorrido o 24 de xullo de 2013. “Unha petición que partiu dos grupos parlamentarios de En Marea e o BNG e sobre a que o PP e PSOE miraron para outro lado” declarou o portavoz autonómicos de Cs Galicia, Javier Sánchez-Agustino.
En palabras do portavoz de Cidadáns (Cs) en Galicia: “En política hai que ser ante todo valentes e non ter medo ás comisións de investigación” “Se as victimas e as súas familias solicítano, é noso deber corresponderlles polo menos cunha investigación que trate de axudar, se cabe máis, a esclarecer as causas do ocorrido e que poida contribuír a evitar sucesos parecidos” “Pediremos esa Comisión as veces que faga falta”, sentenciou.
O apoio do partido en Galicia non quedou aí, Sánchez-Agustino quixo expresar ademais a posición totalmente contraria ao rexeitamento do PP para abrir unha comisión de investigación no Pazo do Hórreo sobre o accidente ferroviario por supostamente carecer de competencias: “A vella política penca sempre do mesmo, ¿onde están as promesas de renovación e de apostar pola rexeneración? Cando se trata da dor das vítimas non cabe escudarse nas competencias, porque como pouco ten que ser da incumbencia dun Parlamento investigar sobre un accidente tan grave que sucedeu no territorio da súa Comunidade”
Sánchez-Agustino deixou claro o alcance do seu apoio: “Estamos ao lado das vítimas e por iso cremos que os poderes públicos deben servir para prestarlles todo o seu apoio. PP e PSOE utilizaron o Parlamento como unha pantalla coa que escurrir o vulto e protexer aos seus”.